Saltar ao contido

Enfermidade do soro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enfermidade do soro
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05bvbx Editar o valor en Wikidata
MeSHD012713 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC79718 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB11970 Editar o valor en Wikidata
CIE-9999.5 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000820 Editar o valor en Wikidata
eMedicine332032 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779703309 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A enfermidade do soro ou doenza do soro nos humanos é unha reacción a proteínas presentes en antisoros administrados a un paciente que derivan dunha fonte animal non humana, que ocorre como media uns 12 días despois da exposición.[1] Entre os seus síntomas están erupción cutánea, dor nas articulacións, febre e linfadenopatía. É un tipo de hipersensibilidade, concretamente a hipersensibilidade a complexos inmunes (tipo III).[1] O termo reacción similar á enfermidade do soro utilízase ás veces para referirse a unha doenza similar que se orixina pola introdución de certas substancias non proteicas, como a penicilina.[2]

A enfermidade do soro pode diagnosticarse baseándose nos seus síntomas e usando un test sanguíneo e un test de urina. Pode previrse prescindindo do uso dunha antitoxina derivada dun soro animal e por medio de antihistaminas profilácticas ou corticosteroides. Xeralmente resólvese de forma natural, pero pode tratarse con corticosteroides, antihistaminas, analxésicos e (en casos graves) prednisona.[3] Describiuse por primeira vez en 1905.[4]

Signos e síntomas

[editar | editar a fonte]

Os seus signos e síntomas poden tardar ata 14 días en aparecer despois da exposición (media 12 días).[4] Poden ser similares aos que comunmente están asociados coa hipersensibilidade ou as infeccións. Síntomas comúns son:

Outros síntomas son: glomerulonefrite,[4] hematuria (sangue na urina),[4] esplenomegalia (agrandamento do bazo), hipotensión arterial (diminución da presión arterial) e en casos graves choque circulatorio.

Complicacións

[editar | editar a fonte]

En casos raros, a enfermidade do soro pode ter graves complicacións.[5] Entre estas están a neurite, miocardite, edema larínxeo, pleuresía e síndrome de Guillain-Barré.[5]

A enfermidade do soro é unha reacción de hipersensibilidade de tipo III, causada por complexos inmunes.[4] Cando se administra un antisoro, o sistema inmunitario humano pode considerar que as proteínas presentes no antisoro son antíxenos nocivos que hai que combater. O corpo produce anticorpos que se combinan con esas proteínas para formar inmunocomplexos.[4] Estes complexos precipitan, entran nas paredes dos vasos sanguíneos e activan a fervenza do complemento, iniciando unha resposta inflamatoria e consumindo gran parte do compoñente do complemento 3 (C3) dispoñible. Poden encontrarse circulando no sangue, o cal diferencia a enfermidade do soro da reacción similar á enfermidade do soro.[6] O resultado é unha vasculite leucocitoclástica.[4] Isto resulta nunha hipocomplementemia, é dicir, un nivel baixo no soro de C3.[4] poden tamén causar máis reaccións, causando os síntomas típicos da enfermidade do soro. Isto é similar a unha reacción de Arthus xeneralizada.[4]

Antitoxinas e antisoros

[editar | editar a fonte]

A enfermidade do soro adoita ser o resultado da exposición a anticorpos derivados de animais.[4][5] Estes anticorpos encóntranse nos antisoros ou antitoxinas que se administran xeralmente para previr ou tratar unha infección ou envelenamento (por unha picada ou trabada velenosa dun animal).[4]

Fármacos

[editar | editar a fonte]

A enfermidade do soro pode ser causada por algúns medicamentos, como por exemplo a penicilina.[5]

Extractos alerxénicos, hormonas e vacinas poden tamén causar a enfermidade do soro. Porén, segundo unha avaliación nos Estados Unidos da Johns Hopkins Bloomberg School of Public Health, as vacinas recomendadas rutinariamente á pobaoción xeral non mostraron causar a enfermidade do soro, ata 2012, ano do estudo.[7]

A diagnose está baseada na historia clínica do paciente, incluíndo as súas medicacións recentes. Pode tomarse e analizarse unha mostra de sangue, que mostrará trombocitopenia (baixo nivel de plaquetas), leucopenia (baixo nivel de leucocitos), alta sedimentación de eritrocitos e unha diminución das proteínas do sistema do complemento C3 e C4.[5] Unha análise de urina do paciente mostrará proteinuria e ás veces hematuria (sangue na urina con hemoglobinuria).[5]

Diagnose diferencial

[editar | editar a fonte]

Síntomas cutáneos similares poden causalos o lupus, o eritema multiforme e a urticaria.[5]

Prevención

[editar | editar a fonte]

Evitar as antitoxinas que poden causar a enfermidade do soro é a mellor maneira de previr esta doenza.[6] Ás veces, os beneficios de usar antitoxinas supera os riscos no caso de picadas ou trabadas velenosas que poden poñer en risco a vida. As histaminas corticoides profilácticas poden usarse coas antitoxinas.[8] Pode usarse un test alérxico cutáneo con antelación para identificar as persoas que poden estar en risco de ter unha reacción. Os médicos deberían advertir os seus pacientes de fármacos e antitoxinas aos cales son alérxicos se hai unha reacción. Os médicos despois elixen unha antitoxina alternativa se é apropiado, ou continuar con medidas profilácticas. Isto é importante se o paciente recibiu unha antitoxina antes, xa que a enfermidade do soro causada pode ser peor e ocorrer máis rapidamente.[6]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento con antisoro ou fármaco debería deterse tan pronto como sexa posible.[4][5] Unha vez que o tratamento cesou, os síntomas xeralmente desaparecen nuns sete días.[5] Os resultados son xeralmente bos.[6]

Os corticosteroides, as antihistaminas e os analxésicos son a principal liña de tratamento.[5] A elección depende da gravidade da reacción. En caos graves pode usarse a prednisona.[5]

Tamén se describiu o uso da plasmaférese.[4][9]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

A enfermidade do soro está facéndose cada vez menos común.[4] Moitos fármacos baseados en soros animais están sendo substituídos por fármacos artificiais.[4][6]

A enfermidade do soro foi descrita por primeira vez por Clemens von Pirquet e Béla Schick en 1905.[4][10]

  1. 1 2 Khalaf, Roy; Choi, UYeong; Prosty, Connor; Ben-Shoshan, Moshe (2025-05-01). "Serum Sickness-Like Reactions Clinical Characteristics and Management: A Systematic Review". The Journal of Allergy and Clinical Immunology: In Practice 13 (5): 1068–1074. ISSN 2213-2198. doi:10.1016/j.jaip.2025.02.027.
  2. Brucculeri M, Charlton M, Serur D (2006). "Serum sickness-like reaction associated with cefazolin". BMC Clin Pharmacol 6. PMC 1397863. PMID 16504095. doi:10.1186/1472-6904-6-3.
  3. Rixe, Nancy; Tavarez, Melissa M. (2023-08-28). "Serum Sickness". StatPearls [Internet] (en inglés). StatPearls Publishing. PMID 30855896. Consultado o 2025-12-22.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Paizis, Ekaterini; Murphy, Brendan F. (1998). "Serum Sickness". Encyclopedia of Immunology (en inglés) (2nd ed.). Academic Press. pp. 2168–2170. ISBN 978-0-12-226765-9. doi:10.1006/rwei.1999.0547.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Copenhaven, Christopher (2007). "Serum Sickness". Pediatric Clinical Advisor - Instant Diagnosis and Treatment (en inglés) (2ª ed.). Mosby. p. 518. ISBN 978-0-323-03506-4. doi:10.1016/B978-032303506-4.10296-2.
  6. 1 2 3 4 5 Benjamin, Lee S. (2008). "101 - Serum Sickness". Pediatric Emergency Medicine (en inglés). Saunders. pp. 741–743. ISBN 978-1-4160-0087-7. doi:10.1016/B978-141600087-7.50104-5.
  7. "Institute for Vaccine Safety || do Vaccines Cause Serum Sickness?".
  8. De Silva, H (2016-09-16). "Adverse reactions to snake antivenom, and their prevention and treatment". British Journal of Clinical Pharmacology 81 (3) vía PubMed.
  9. Lundquist AL, Chari RS, Wood JH, et al. (maio de 2007). "Serum sickness following rabbit antithymocyte-globulin induction in a liver transplant recipient: case report and literature review". Liver Transpl. 13 (5): 647–50. PMID 17377915. doi:10.1002/lt.21098.
  10. Jackson R (outubro de 2000). "Serum sickness". J Cutan Med Surg 4 (4): 223–5. PMID 11231202. doi:10.1177/120347540000400411.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]