Enfermaría pediátrica
| Enfermaría pediátrica | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Implicados | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

A enfermaría pediátrica encárgase de proporcionar coidados de enfermaría a bebés, nenos e adolescentes até os 17 anos de idade. Aplican o seu coñecemento especializado para satisfacer as necesidades particulares dos nenos. Poden traballar cos pacientes que teñen unha enfermidade ou lesión de duración variable, ou con nenos que teñen discapacidades. Os enfermeiros pediátricos tamén traballan en estreita colaboración coas familias e coidadores dos nenos.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente, as nais e comadronas quen asistían os partos e tiñan a responsabilidade da saúde dos nenos, ata que no século XV, comezouse a dar os primeiros pasos cara ao establecemento da especialidade que, no século XX convértese nunha disciplina científica. Foron Francia e Alemaña os primeiros estados que desenvolveron e puxeron en práctica os coñecementos e servizos pediátricos, que se estenderon, despois, a toda Europa e aos Estados Unidos.
Como antecedentes, no antigo Exipto aparecen temas de pediatría, cuxas prácticas eran realizadas polas mulleres, pola súa valoración social: "dadoras” de vida que coidaban dos demais.
A pesar dos avances médicos nas civilizacións exipcia e grega, non se tiña en conta a necesidade de coidar especificamente aos nenos. Non foi até a Idade Media cando se comezou a recoñecer que os nenos tiñan alma. Debido á dificultade que supuña o seu coidado, era habitual que fosen abandonados durante a noite nas portas de hospitais ou igrexas, unha práctica común tanto entre as clases altas como baixas, posiblemente motivada por sentimentos de “piedade” ou “amor ao próximo”. Se a nai falecía durante o parto, os frades e monxas encargábanse de realizar unha cesárea para poder dar sepultura cristiá á nai e bautizar ao neno. No caso de que ambos morresen, eran enterrados segundo os ritos da relixión cristiá.
Ata o século XVII, as comadronas eran as únicas responsables de asistir aos partos. Foi nese momento cando comezaron a aparecer médicos especializados nesta tarefa. A supervivencia dos recentemente nacidos dependía en gran medida de recibir leite de boa calidade, preferiblemente dunha ama de cría que substituíse á nai. O uso de leite de vaca, en cambio, aumentaba significativamente a taxa de mortalidade infantil. [1] [2]
No século XIII, en varias obras de carácter científico, aconséllase á ama de cría que desempeñase as funcións que faría a nai nun fogar pobre; ademais da lactación, limpar ao neno, falarlle e masticarlle a comida, entre outras. No século XV, nun hospital de Barcelona, se reglamentaba o que unha muller debía procurar no coidado dos nenos, e que debía ser notable, honesta e de bos costumes.
A finais do século XVI, apareceron os primeiros tratados materno-infantís realizados por médicos, con ideas de Hipócrates. En México, Vasco de Quiroga, recibiu o cualificativo de "Protector do neno indio en América”, ao fundar a primeira casa-berce, como un recordatorio das accións realizadas polas culturas mesoamericanas que tiñan un especial coidado e dedicación cos nenos.
No século XVIII, había un grande interese sobre o neno, pois a taxa de mortalidade era alta. Tamén axudou a ese interese os escritos de Jean-Jacques Rousseau e Johann Heinrich Pestalozzi para educar ao neno segundo as súas características psicolóxicas e físicas, onde a saúde destes era un factor importante para lograr unha formación completa do futuro "cidadán”.
A partir destes conceptos, na segunda metade do século XIX comezaron a fundarse os primeiros hospitais dedicados exclusivamente á atención infantil. Nos Estados Unidos, por exemplo, creouse en 1855 o Children’s Hospital of Philadelphia, considerado o primeiro hospital pediátrico e o lugar onde se iniciou esta especialidade médica. Non obstante, ata 1895 non se admitían nenos con dificultades de comunicación. Foi nese ano cando se puxo en marcha a escola de enfermaría do hospital, o que permitiu contar con persoal formado e preparado para ofrecer os coidados e atención adecuados.
En España, durante este mesmo período, fundouse o Hospital do Neno Xesús, marcando o momento no que o neno comeza a ser visto como suxeito de estudo científico. Esta visión continuou ao longo do século XX, impulsada pola formación profesional das enfermeiras e a creación de escolas de enfermaría en distintos países, como é o caso de México, onde se fundou unha escola en 1905. [3]
Características
[editar | editar a fonte]Para realizar o seu papel o enfermeiro ou enfermeira pediátrica debe ter unha serie de coñecementos, entre os que non poden faltar os seguintes:[4] [5]
- Características biolóxicas do neno como son: crecemento, morfoloxía, inmaturidade orgánica, nutrición e inmunidade.
- Características médicas: expresividade a diferentes reaccións clínicas, influencia xenética, terapéutica xenuína (absorción, preparación de fármacos en doses distintas).
- Características sociais; ambientais e pedagóxicas.
- Urxencias e situacións críticas que se poden presentar en pediatría. Identificalas e saber actuar en cada caso.[6]
- Patoloxías agudas e crónicas máis frecuentes en pediatría. [7]
- Programas de saúde aplicables na idade pediátrica, vacinas, controis, alimentación, etc.[8]
Ademais, para o exercicio da súa profesión debe identificar os seus obxectivos e as súas necesidades e planificar as súas actividades do mellor modo posible para resolver os problemas que xurdan. Entre os seus principios están:
- Actuar para solucionar a urxencia prestada
- Axudar a minimizar a dor do neno e da súa familia.
- Manter as funcións vitais do neno.
- Manter a integración da pel.
- Favorecer o contacto do neno cos seus pais.
- Tomar as medidas axeitadas para a estimulación e o desenvolvemento.[9]
- Preparación psicolóxica ante calquera procedemento médico.
- Respectar as diferenzas culturais
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNICEF. “Spain: Demographics, Health & Infant Mortality.” consultado 2025.
- ↑ Villegas, B. “The mortality of two groups of infants in Spanish rural region (La Cabrera) between 1880-1932.” Journal of Historical Demography, 2005.
- ↑ Martínez Riera, Juan R.; Peiró Gregori, Salvador. Cuidado del niño y del adolescente. Elsevier, 2015. ISBN 978-6074487831.
- ↑ "Enfermería Pediátrica - Curso online - Flo Formación" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-16.
- ↑ Ball, Jane W.; Bindler, Ruth C.; Cowan, Kay J. Principles … Pearson, 2021. ISBN 978-0136859727.
- ↑ López, E. et al. “Mortality in Spanish pediatric emergency departments: a 5-year retrospective study.” Revista Española de Pediatría, 2017.
- ↑ Shields, Linda; Twycross, Alison; Donnelly, Mary. Children’s and Young People’s Nursing … Oxford, 2016. ISBN 978-1403933935.
- ↑ Banco Mundial. “Mortality rate, under-5 … Spain.”
- ↑ Hockenberry, Marilyn J.; Wilson, David. Wong’s Essentials … Elsevier, 2022. ISBN 978-0323624190.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ball, Jane W.; Bindler, Ruth C.; Cowan, Kay J. (2021). Principles of Pediatric Nursing: Caring for Children (en inglés). Pearson. ISBN 9780136859727.
- Hockenberry, Marilyn J.; Wilson, David (2022). Wong's Essentials of Pediatric Nursing (en inglés). Elsevier. ISBN 9780323624190.
- Shields, Linda; Twycross, Alison; Donnelly, Mary (2016). Children's and Young People's Nursing in Practice: A Problem-Based Learning Approach (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9781403933935.
- Martínez Riera, Juan R.; Peiró Gregori, Salvador (2015). Cuidado del niño y del adolescente (en castelán). Elsevier. ISBN 9786074487831.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Enfermaría do traballo
- Enfermaría de saúde mental
- Enfermaría obstétrico-xinecolóxica
- Coidados paliativos
- Diagnóstico enfermeiro
- Pediatría
- Saúde infantil