Enfant terrible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'enfant terrible (en galego, rapaz temíbel) é unha expresión francesa para se referir a rapaces particularmente inxenuos que fan preguntas terribelmente embarazosas aos adultos, especialmente aos seus pais. Porén, o seu uso máis estendido é o referido a unha persoa, xeralmente moza, que posúe opinións ou actitudes fóra da ortodoxia, son innovadoras ou vangardistas.

Orixe da expresión[editar | editar a fonte]

O termo foi acuñado por Thomas Jefferson para describir a Pierre Charles L'Enfant, arquitecto de Washington, un enxeñeiro militar francés hábil, idealista, e moi obstinado.

Literatura[editar | editar a fonte]

Na obra de Lev Tolstoy titulada Anna Karenina (parte tres, capítulo XVII), a princesa Betsy Tverskaya utiliza a frase para describir a Liza Merkalova e Anna Karenina no contexto de discutir as súas actitudes como esposas infieis.

Les Enfants Terribles é tamén unha novela clásica da literatura francesa escrita por Jean Cocteau.