Eneko Jauregi
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (eu) Eneko Jauregi Escobar 13 de xullo de 1996 Muxika | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,87 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eneko Jauregi Escobar, nado en Muxika o 13 de xullo de 1996) é un futbolista vasco que xoga como dianteiro no Racing de Ferrol, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Muxika, formouse como futbolista na canteira do Gernika Club. Rematada a súa etapa como xuvenil, foi incorporado pola Real Sociedade,[1] que o asignou ao Berio, da Terceira División. Para a tempada 2015/16 foi ascendido á Real Sociedad B, da Segunda División B.[2]
O 29 de xaneiro de 2018 asinou un contrato de dous anos e medio co Cádiz CF de Segunda División, sendo cedido inmediatamente ao Córdoba CF, da mesma categoría.[3] Debutou na división de prata o 11 de febreiro de 2018, substituíndo a Juanjo Narváez na segunda metade dunha derrota por 1-5 ante o Tenerife.[4] O 23 de agosto foi cedido ao Atlético Levante por un ano.
Na tempada 2019/20 militou no Asteras Tripolis da Superliga de Grecia, antes de regresar ao fútbol español en setembro de 2020, cando fichou polo UCAM Murcia.[5] Posteriormente pasou polas filas do Lleida Esportiu e do San Sebastián de los Reyes.[6]
En xullo de 2022 pasou ao Amorebieta, que viña de descender á Primeira Federación.[7] Foi o máximo goleador do equipo vasco durante a campaña 2022/23, con 15 goles, sendo unha peza clave para o ascenso á Segunda División. O 18 de xullo de 2024, despois de descender de novo, fichou polo Racing de Ferrol.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eneko Jauregi, del Gernika a la Real Sociedad". Mundo Deportivo (en castelán). 14 de maio de 2014. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "Sigue en el Sanse" (en castelán). 24 de xuño de 2017. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "Eneko Jauregi se marcha cedido al Córdoba" (en castelán). 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "El Tenerife se ceba con el Córdoba" (en castelán). 11 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "Eneko Jauregi, pólvora para el UCAM Murcia" (en castelán). 2 de setembro de 2020. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "El Sanse ya tiene a su delantero: Eneko Jauregui" (en castelán). 20 de agosto de 2021. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "Eneko Jauregi, nuevo delantero de los azules" (en castelán). 24 de xullo de 2022. Consultado o 1 de abril de 2025.
- ↑ "Eneko Jauregi completa la delantera del Racing Club Ferrol" (en castelán). 18 de xullo de 2024. Consultado o 1 de abril de 2025.
- Nados en 1996
- Nados en Muxika
- Futbolistas do País Vasco
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores da Real Sociedad B
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Levante UD B
- Xogadores do Lleida Esportiu
- Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes
- Xogadores da SD Amorebieta
- Xogadores do Asteras Tripolis FC
- Xogadores do Racing de Ferrol