Enedina Alves Marques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnedina Alves Marques

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Curitiba, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 1981 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Curitiba, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfro-brasileiro(a) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal do Paraná Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira civil , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Enedina Alves Marques, nada en Curitiba, Paraná o 13 de xaneiro de 1913 e finada na mesma localidade en agosto de 1981, foi unha enxeñeira civil brasileira. Ingresou en 1945 da Universidade Federal de Paraná (UFPR) como a primeira enxeñeira negra do Brasil e a primeira enxeñeira muller do estado de Paraná.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enedina Alves foi a única muller entre dez irmáns. Os seus pais, Paulo Marques e Virgília Alves Marques (lavandeira coñecida como «Doa Duca»), chegaran á cidade a principios dos anos 1910, de procedencia descoñecida.[2]Na década de 1920 a súa nai traballou na casa do delegado e maior Domingos Nascimento Sobrinho, quen tiña unha filla da mesma idade que Enedina, Isabel, coñecida como «Bebeca». O pai de Isabel pagou a educación de Enedina en colexios particulares, para que lle fixese compañía á súa filla, polo que entre 1925 e 1926 estudou coa profesora Luiza Dorfmund na súa escola particular. Ó ano seguinte ingresou na Escola Normal, onde permaneceu até 1931. Entre 1932 e 1935 fixo o curso Normal e xunto a Isabel comezou a traballar como profesora no interior do estado, en cidades como Río Negro, São Mateus do Sul, Cerro Azul e Campo Longo.[1]

En 1935 alugou unha casa fronte ó Colexio Nossa Senhora Menina, no barrio de Juvevê, e deu clases a persoas que buscaban alfabetizarse. Entre 1935 e 1937 realizou no Novo Ateneu de Curitiba o curso intermedio esixido na época para ingresar a maxisterio. Nesa época viviu coa familia do construtor Mathias e a súa esposa Iracema Caron, tamén en Juvevê, onde tamén deu clases na Escola de Linha de Tiro. En 1938, aínda en casa dos Caron, realizou en horario nocturno o curso complementario en preenxeñaría no Ximnasio Paranaense (hoxe Estadual de Paraná).[4]

Ingresou en 1940 á Facultade de Enxeñaría da Universidade Federal de Paraná, onde o valor da mensualidade equivalía a dous salarios mínimos. En 1945 graduouse como enxeñeira civil, título que a converteu na primeira muller enxeñeira de Paraná e a primeira enxeñeira negra do Brasil. O título foille entregado no Palacio Avenida e tivo como mestre de cerimonia ó profesor João Moreira Garcez.[4]

Antes que ela na mesma institución xa se formaron como enxeñeiros dous estudantes negros: Otávio Alencar (1918) e Nelson José da Rocha (1938). Despois dela licenciouse Adelino Alves da Silva en 1947.[4]

Retirouse da Escola da Linha de Tiro en 1946 e ingresou como auxiliar de enxeñeiro na Secretaría de Estado de Transporte e Obras Públicas. Ó ano seguinte o gobernador Moisés Lupion trasladouna ó Departamento Estatal de Augas e Enerxía Eléctrica. Traballou no plan hidroeléctrico estatal e no aproveitamento das augas dos ríos Capivari, Cachoeira e Iguaçu. A central hidroeléctrica Capivari-Cachoeira foi o seu traballo máis importante como enxeñeira. Outras das súas obras destacadas foron o Colexio Estadual do Paraná e a Casa do Estudante Universitario (CEU) de Curitiba.[1]Unha vez establecida no goberno, dedicouse a viaxar entre as décadas de 1950 e 1960. En 1958 faleceu o maior Domingos Nascimento Sobrinho, quen a nomeara como unha das beneficiarias no seu testamento.

En 1961 o sociólogo Octávio Ianni entrevistouna para a súa investigación Metamorfoses do escravo, financiada pola Unesco. En 1962 xubilouse como funcionaria estatal. O gobernador Ney Braga recoñeceu por decreto a súa traxectoria como enxeñeira e outorgoulle proventos equivalentes ó salario dun xuíz.[1]

En 1981 foi atopada morta no edificio Lido, no centro de Curitiba, vítima dun ataque cardíaco. Faleceu solteira, sen fillos e sen familiares inmediatos e o seu corpo tardou en ser atopado. O tratamento da nova da súa morte por parte do Diário Popular semellante á dunha descoñecida provocou a indignación de membros do Instituto de Enxeñaría de Paraná.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1988 unha rúa foi bautizada na súa homenaxe en Vila Oficinas, no barrio de Cajuru e o seu nome foi inscripto no Memorial á Muller Pioneira (Memorial à Mulher Pioneira), construído polo club das Soroptimistas, unha organización internacional dedicada á defensa dos dereitos humanos, da que ela formou parte.[2]

En 2014 unha campaña en Internet promoveu que o Edifício Teixeira Soares, ex-RFFSA, adquirido pola Universidade Federal de Paraná, fose bautizado na súa homenaxe. Ó mesmo tempo, o historiador Sandro Luís Fernandes e o cineasta Paulo Munhoz iniciaron unha investigación para a realización dun documental sobre a vida de Enedina, proxecto chamado A Engenheira, que ata 2015 estaba detido por falta de investimentos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Conheça a história da engenheira Enedina Alves Marques". Gazeta do Povo (en portugués). Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Negra Enedina, a engenheira". Gazeta do Povo (en portugués). Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  3. Stadler, Marta Macho (2023-03-21). "Enedina Alves, la pionera ingeniera negra de Brasil". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2023-04-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Santana, Jorge Luiz (2do. semestre 2011). "Enedina Alves Marques: A trajetória da primeira engenheira do sul do país na Faculdade de Engenharia do Paraná (1940 - 1945)" (pdf) (28). Curitiba, Estado de Paraná: Universidad Federal de Paraná (UFPR): 42–75. ISSN 2317-4021. Consultado o 30 de outubro.