Endomisio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Endomisio
Estrutura dun músculo esquelético co endomisio indicado na parte inferior no centro.
Latín Endomysium
Gray's pág.373

O endomisio (que significa "dentro do músculo") é unha capa de tecido conectivo areolar que no tecido muscular envolve cada un dos miocitos (fibra muscular ou célula muscular). Contén capilares e nervios. Encóntrase por riba da membrana plasmática (sarcolema) da fibra muscular. O endomisio é o elemento máis profundo e máis pequeno do tecido conectivo muscular.

O termo esqueleto cardíaco é ás veces utilizado como sinónimo de endomisio para o corazón, pero o esqueleto cardíaco refírese tamén á combinación de endomisio e perimisio.

Esta fina capa conectiva proporciona o ambiente químico correcto para o intercambio de ións calcio, sodio, e potasio. O intercambio destes ións producirá a excitación da fibra muscular.

As fibras elásticas de coláxeno son as principais proteínas compoñentes dos tecidos conectivos como o endomisio. O endomisio contén principalmente coláxeno de tipo I e II, e tamén, en moitas menores cantidades, de tipo IV e V.[1]

Os anticorpos anti-endomisio (EMA) están presentes na enfermidade celíaca. Non causan síntomas directos nos músculos, pero a detección destes anticorpos é útil para o diagnóstico desa doenza.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Light, N; Champion, A. E. (1984). "Characterization of muscle epimysium, perimysium and endomysium collagens" (PDF). The Biochemical journal 219 (3): 1017–26. PMC 1153576. PMID 6743238. 
  2. Pruessner, H. T. (1998). "Detecting celiac disease in your patients". American family physician 57 (5): 1023–34, 1039–41. PMID 9518950. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 05 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]