Saltar ao contido

Encyclopedia of Mathematics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Encyclopedia of Mathematics
 Título
Encyclopedia of Mathematics Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
Temática
 Tema principal
Publicación
 Editorial
Datas
 Data de publicación
1977 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Goodreads3626928 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2396663M Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Encyclopedia of Mathematics (tamén EOM e anteriormente Encyclopaedia of Mathematics) é unha gran obra de referencia en matemáticas.

Visión xeral

[editar | editar a fonte]

A versión de 2002 contén máis de 8 000 entradas que abranguen a maioría das áreas de matemáticas a nivel de posgrao, e a presentación é de natureza técnica. A enciclopedia está editada por Michiel Hazewinkel e foi publicada por Kluwer Academic Publishers ata 2003, cando Kluwer pasou a formar parte de Springer.

A enciclopedia foi traducida da Matematicheskaya entsiklopediya soviética (1977) editada orixinalmente por Ivan Matveevich Vinogradov e ampliada con comentarios e tres suplementos engadindo varios miles de artigos.

Ata o 29 de novembro de 2011, unha versión estática da enciclopedia podía ser consultada en liña gratuitamente.

Wiki da Encyclopedia of Mathematics

[editar | editar a fonte]

Desde 2011 está dispoñíbel unha nova versión dinámica da enciclopedia como wiki pública en liña. Esta nova wiki é unha colaboración entre Springer e a Sociedade Europea de Matemáticas. Esta nova versión da enciclopedia inclúe todos os contidos da anterior versión en liña, mais agora todas as entradas poden actualizarse publicamente para incluír os máis novos avances en matemáticas. Os membros dun consello editorial[1] seleccionado pola Sociedade Europea de Matemáticas supervisará a precisión do contido de todas as entradas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]