Encrucillada de odios
Encrucillada de odios | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Crossfire |
Director | Edward Dmytryk |
Produtor | Adrian Scott |
Guión | John Paxton |
Baseado en | The Brick Foxhole, novela de Richard Brooks (1945) |
Intérpretes | Robert Young Robert Mitchum Robert Ryan Gloria Grahame Sam Levene |
Música | Roy Webb |
Fotografía | J. Roy Hunt |
Montaxe | Harry Gerstad |
Estudio | RKO Radio Pictures |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 22 de xullo de 1947 (Nova York) 15 de agosto de 1947 (Estados Unidos)[1] |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 678 000 dólares[2][3] |
Recadación | 2,5 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
Encrucillada de odios (en inglés: Crossfire) é un filme negro estadounidense de 1947 que trata o tema do antisemitismo,[5][6] igual que a gañadora do Óscar ao mellor filme dese ano, Gentleman's Agreement. Foi dirixido por Edward Dmytryk[7] e o guión foi escrito por John Paxton, baseado na novela de 1945 The Brick Foxhole, do guionista e director Richard Brooks. O filme, protagonizado por Robert Mitchum, Robert Young, Robert Ryan, Gloria Grahame e Sam Levene, recibiu cinco candidaturas aos premios Óscar.[8] Foi o primeiro filme de serie B que recibiu unha candidatura como mellor filme.[9]
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 5 de abril de 2020.[10]
Argumento
[editar | editar a fonte]Despois de ser chamado para investigar o brutal asasinato de Joseph Samuels (Sam Levene), que foi atopado morto na súa casa, o investigador da policía Finlay (Robert Young) descobre que pode haber un asasino entre un grupo de soldados desmobilizados que foran vistos con Samuels e a súa amiga no bar dun hotel esa noite.
Mentres, o sarxento Keeley (Robert Mitchum), avisado de que o seu amigo Mitchell (George Cooper) pode ser o principal sospeitoso, decide investigar o crime para limpar o nome do seu amigo. A cada investigador, os soldados sospeitosos contan a súa versión da noite mediante flashbacks.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Robert Young como Capt. Finlay
- Robert Mitchum como Sgt. Peter Keeley
- Robert Ryan como Montgomery
- Gloria Grahame como Ginny Tremaine
- Paul Kelly como Mr. Tremaine
- Sam Levene como Joseph Samuels
- Jacqueline White como Mary Mitchell
- Steve Brodie como Floyd Bowers
- George Cooper como Cpl. Arthur Mitchell
- Richard Benedict como Bill Williams
- Tom Keene como Dick, detective (como Richard Powers)
- William Phipps como Leroy
- Lex Barker como Harry
- Marlo Dwyer como Miss Lewis
- Kenneth McDonald como Major
Produción
[editar | editar a fonte]O guión do filme baséase na novela de Richard Brooks. Brooks escribiu a novela mentres era sarxento do corpo de marines realizando filmes de adestramento en Quantico, Virxinia, e Camp Pendleton, California. Na novela, a vítima era homosexual. Como se conta no filme The Celluloid Closet e no documental incluído na versión en DVD de Encrucillada de odios, o código Hays prohibía calquera mención á homosexualidade, polo que o tema do libro foi cambiado ao racismo e ao antisemitismo.
O libro publicouse mentre Brooks estaba cos marines. Un membro do corpo en nome de Robert Ryan falou con Brooks e díxolle que estaba interesado en participar nunha versión para a pantalla da novela.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Little Foxes: Detail View". American Film Institute. Consultado o 8 de maio de 2014.
- ↑ Scott Eyman, Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Mayer, Robson, 2005 páx. 420
- ↑ Variety 1948
- ↑ "Top Grossers of 1947", Variety, 7 de xaneiro de 1948 páx. 63
- ↑ Variety film review; 25 de xuño de 1947, p. 8.
- ↑ Harrison's Reports film review; 28 de xuño de 1947, p. 102.
- ↑ Crowther, Bosley. "Crossfire". NY Times. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2007. Consultado o 5 de maio de 2011.
- ↑
- ↑ Staff. "1947 Academy Awards, Winners and History". AMC Filmsite. American Movie Classics Company LLC. Consultado o 9 de agosto de 2010.
- ↑ Encrucillada de odios
- ↑ Daniel, Douglass K. (2011). Tough as Nails: The Life and Films of Richard Brooks Univ. of Wisconsin Press. p. 34
- ↑ More Than Night: Film Noir in its Context. Berkeley: University of California Press. pp. 114-123. ISBN 9780520212947 OCLC 803190089
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encrucillada de odios |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crossfire review at DVD Savant by Glenn Erickson
- Tráiler no YouTube