Encíclica
| Encíclica | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Unha encíclica era orixinalmente unha carta circular enviada a todas as igrexas dunha zona na antiga Igrexa cristiá. Na actualidade, a palabra úsase para unha carta enviada por calquera bispo aos seus fieis. En xeral, a Igrexa católica só emprega este termo para as encíclicas papais, mais a Igrexa ortodoxa e a Comuñón anglicana manteñen o uso tradicional.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra provén do latín encyclia, que a tomou do grego enkyklios (en grego antigo: ἐγκύκλιος); significa "envolver nun círculo". Da mesma raíz procede o nome "enciclopedia".[1]
Na Igrexa católica
[editar | editar a fonte]Para a Igrexa católica, unha encíclica papal é, no sentido máis estrito, unha carta enviada polo papa aos bispos católicos dunha área concreta ou, máis frecuentemente, de todo o mundo.[2] Porén, isto pode variar moito, e a miúdo desígnase un público máis amplo para a misiva. En xeral, versan sobre algún aspecto da doutrina católica. As encíclicas papais adoitan ter a forma dun breve apostólico debido ao seu carácter máis persoal, en oposición ás bulas, que teñen unha estrutura máis formal. As encíclicas papais son tan coñecidas que o propio termo "encíclica" acostuma a empregarse en exclusivo para aquelas enviadas polo papa.[2] O seu título é normalmente tomado das súas primeiras palabras en latín.
No catolicismo recente, é común que as encíclicas se usen para cuestións importantes, sendo o segundo documento máis relevante emitido polos papas, despois da constitución apostólica. Secasí, a denominación "encíclica" non sempre denota tal grao de importancia. Os arquivos da páxina web da Santa Sé tenden a clasificar certas encíclicas como "exhortacións apostólicas". Esta terminoloxía informal sinala documentos cun público máis amplos que o dos pastores das igrexas.
Pío XII sostivo que as encíclicas papais, incluso cando non son ex cathedra (é dicir, cando non apelan á infalibilidade papal), posúen autoridade dabondo para finalizar un debate teolóxico sobre unha cuestión en particular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rice, Doyle (16 de xuño de 2015). "The papal encyclical: What is an 'encyclical'?". USA Today (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 "Encyclical". Encyclopedia Britannica (en inglés).