En man som heter Ove
| En man som heter Ove | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
En man som heter Ove (Un home chamado Ove) é unha película sueca de comedia dramática de 2015 dirixida e escrita por Hannes Holm, baseada na novela homónima de Fredrik Backman.[1] [2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ove (Rolf Lassgård) é un viúvo de 59 anos que está enfadado con todo o mundo que o rodea, especialmente rabuñento cos veciños no pequeno lugar onde vive. Ten ganas de matarse para reunirse con súa muller. Non obstante, os seus intentos vense frustrados sen querer pola chegada de novos veciños do outro lado da rúa, unha familia cunha muller embarazada, Parvaneh (Bahar Pars).
Comeza entón unha relación amistosa inesperada, na que Ove revisa o seu pasado, marcado polo seu pai ferroviario, o seu encontro coa súa futura esposa Sonja (Ida Engvoll), as súas vacacións en España, os problemas cos empregados do concello e a súa asociación e rivalidade con Rune (Börje Lundberg) na xestión do condominio. Ao mesmo tempo, adopta novas actitudes, incluíndo adoptar un gato que antes desprezaba.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Rolf Lassgård – Ove
- Bahar Pars – Parvaneh
- Filip Berg – Ove (novo)
- Ida Engvoll – Sonja, esposa de Ove
- Chatarina Larsson – Anita, esposa de Rune
- Börje Lundberg – Rune, veciño con parálise
- Tobias Almborg – Patrick, marido de Parvaneh
- Klas Wiljergård – Jimmy, fillo de Rune e Anita
- Poyan Karimi – Mirsad
- Simon Edenroth – Adrian
- Johan Widerberg – Funcionario do concello
- Stefan Gödicke – Pai de Ove
- Anna-Lena Bergelin – Xornalista
Produción
[editar | editar a fonte]A película rodouse en Trollhättan, Vänersborg, Gotemburgo, Estocolmo e Mallorca.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]A película foi candidata aos Premios Satellite á mellor película en lingua estranxeira e aos Premios Óscar de 2017 nas categorías de mellor maquillaxe e mellor fiilme en lingua estranxeira . [3]
Remake
[editar | editar a fonte]Tom Hanks produciu unha nova versión estadounidense, quen tamén protagoniza a película, A Man Called Otto.[4] En xaneiro de 2022, anunciouse que a película, sería dirixida por Marc Forster, con David Magee escribindo o guión. A rodaxe comezou en febreiro de 2022 en Pittsburgh con Mariana Treviño, Rachel Keller e Manuel Garcia-Rulfo coprotagonizando xunto a Hanks.[5][6] Estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2022.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guldbaggenomineringar". filminstitutet.se. 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Norman, Isabel (18 de xaneiro de 2016). "Glädjevrålet på Guldbaggegalan" (en sueco). Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Roxborough, Scott (1 de setembro de 2016). "Oscars: Sweden Selects 'A Man Called Ove' for Foreign-Language Category". Consultado o 1 de setembro de 2016.
- ↑ "Guldbaggenomineringar". filminstitutet.se. 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Wiseman, Andreas (18 de xaneiro de 2022). "Marc Forster To Direct Tom Hanks In ‘A Man Called Ove;’ SF Studios, Rita Wilson & Playtone And Forster’s 2DUX2 Producing David Magee Script" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Wiseman, Andreas (31 de xaneiro de 2022). "STX & CAA Board Sales On Tom Hanks Comedy ‘A Man Called Otto’ Ahead Of Pennsylvania Shoot; Supporting Cast Revealed For EFM Hot Pic" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Andreas Wiseman; Mike Fleming Jr (11 de febreiro de 2022). "Tom Hanks Comedy ‘A Man Called Otto’ Pre-Sells To Sony For $60M In Biggest Ever EFM Deal" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2025.
- ↑ Pedersen, Erik (19 de febreiro de 2022). "Sony Moves ‘Oh Hell No’ Off Schedule, Confirms ‘A Man Called Otto’ For Christmas, Sets ‘Umma’ Date & More" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- En man som heter Ove na IMDb (en inglés).