Saltar ao contido

En defensa do mestrado de Matemáticas da USC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
Datas
 Fundación / creación
maio de 2025 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Wikidata

En defensa do mestrado de Matemáticas da USC foi unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O decreto de graos de 2011, acordado polas tres universidades públicas galegas, establecía que a matrícula mínima para os másteres non interuniversitarios sería de 16 estudantes.

O mestrado de matemáticas non acadou este límite nos últimos tres anos. A lei, con todo, inclúe a súa propia excepción: a singularidade do programa. Isto ocorre cando se cumpre un destes tres preceptos: o máster debe estar directamente vinculado a unha liña de investigación de acreditada excelencia internacional, debe estar vinculado á rede de centros de investigación do sistema universitario de Galicia ou debe estar vinculado a "sectores considerados estratéxicos polo Goberno de Galicia".[1]

O 12 de maio de 2025, a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia decidiu non outorgar singularidade ao máster de matemáticas, provocando o cesamento do mestrado para o curso 2025/26.[2]

Mobilizacións

[editar | editar a fonte]

O alumnado e o profesorado da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela organizaron tres asembleas como actos de protesta pola situación do Máster de Matemáticas.[3]

A primeira celebrouse o 20 de maio de 2025, coa participación activa da comunidade universitaria.[4] A segunda tivo lugar o 26 de maio de 2025, tamén na Facultade de Matemáticas, en defensa do máster, que deixará de ofertar novas prazas o vindeiro curso.[5]

Durante esta segunda asemblea, estudantes, investigadores e docentes criticaron con dureza á Xunta de Galicia por suspender a titulación sen "ningunha avaliación técnica transparente". Subliñaron que este máster constitúe a vía de acceso ao doutoramento e "a única opción de formación superior en matemáticas en toda Galicia". Reclamaron a reversión da medida, advertindo de que obrigará ao estudantado a desprazarse fóra do país, poñendo así en risco a continuidade da investigación, a formación do profesorado e a proxección científica galega.[6]

Como medida de presión, puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas, que superou as 2.500 adhesións, entre elas as de prestixiosos investigadores a nivel estatal. As persoas participantes non descartan novas mobilizacións.[7]

Unha terceira asemblea celebrouse o 4 de xuño de 2025 no Aula Magna da Facultade de Matemáticas, aberta a toda a comunidade. Nela informouse sobre os últimos avances, os apoios recibidos —incluíndo o respaldo de diversas sociedades matemáticas galegas e estatais— e as preocupacións derivadas do anuncio oficial da Xunta de que o máster non se impartirá no curso 2025/26.

Durante o encontro, reiterouse a importancia estratéxica do máster como única vía de formación superior en matemáticas na comunidade e como acceso ao doutoramento, e denunciouse a falta de vontade política para garantir a súa continuidade.

Tamén se anunciou unha concentración diante do Parlamento de Galicia o 11 de xuño, coincidindo cunha sesión plenaria, como acto de protesta pola desaparición da titulación. A decisión do goberno autonómico de non concederlle un status de singularidade deixou fóra ao máster da oferta pública para o vindeiro curso, feito que se percibe como un retroceso grave para a investigación matemática e a formación científica en Galicia.[8]

Máis de cen persoas, entre estudantes, profesorado e investigadoras, concentráronse o 11 de xuño de 2025 diante do Parlamento de Galicia para esixirlle á Xunta de Galicia que rectifique a súa decisión de suspender o máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, con lemas como "sen mates non hai universidade", "non mates as Mates", "Román, atende, as mates non se venden" o "queremos estudar sen emigrar".[9] A protesta coincidiu coa sesión parlamentaria na que os grupos do BNG e do PSdeG levaron unha pregunta ao conselleiro sobre a anulación do máster, que xerou un rexeitamento xeneralizado na comunidade académica gallega, e coa cerimonia de graduación do máster en matemáticas 2024/25.[10] Ana Pontón e Xosé Ramón Gómez Besteiro saudaron aos manifestantes.[11] Máis de 100 persoas asistiron á manifestación.[12]

O 23 de xuño, a plataforma, xunto co Consello do Estudantado da USC, lamentou a "morte das matemáticas en Galicia" tras a desaparición do máster na Universidade de Santiago, unha vez aberta a prematrícula para o curso 2025/26. Neste contexto, a Plataforma en Defensa do Máster en Matemáticas, co apoio do alumnado, esixiu a dimisión do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, pola súa "responsabilidade directa" neste proceso.[13]

O 25 de xuño, Alberto Cabada, decano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da plataforma, solicitou unha "reunión urxente" con Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para reverter a eliminación do Máster en Matemáticas do catálogo para o próximo curso académico. A isto súmanse case 5.000 sinaturas cidadás.[14]

O 1 de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela dixo que desenvolveríase nas próximas semanas un Consello de Goberno extraordinario, convocado por iniciativa directa do propio órgano, logo de que máis da metade do censo incluíndo representantes do profesorado, do Ptxas (Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos), e do estudantado asinasen unha solicitude impulsada pola plataforma.[15][16]

O 5 de xullo, no acto de toma de posesión do decano da Facultade de Matemáticas, sinalou que traballarán con determinación para «reverter esta situación».[17]

O 12 de xullo, organizaron actividades de divulgación das matemáticas en Lalín co lema «Non mates as mates».[18]

O 18 de xullo, ponse fin ás mobilizacións unha vez que o conselleiro e decano se reúnen para acordar a continuación do máster para o curso 2026-2027 cunha nova proposta de máster.[19]

Políticos

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Vídeo de apoio de Ana Miranda desde o Parlamento Europeo en Twitter

Sumar Galiciareclama á Xunta que manteña o Máster en Matemáticas da USC.[20]

Partido dos Socialistas de Galicia reclamou á Xunta que autorice "de forma inmediata" a continuación do máster en matemáticas da USC.[21][22] Este grupo incluíu unha pregunta sobre o asunto na orde do día da sesión plenaria do Parlamento de Galicia do 10 de xuño (punto 8.5, 12/PUP-000116), presentada por Julio Ernesto Abalde Alonso e outros membros do grupo.[23]

A asociación Erguer - Estudantes da Galiza apoia a plataforma.[24]

Ana Miranda Paz, do Bloque Nacionalista Galego, apoia a plataforma.[25] O 4 de xuño, o BNG no Parlamento de Galiza reuniuse con profesores de matemáticas da USC para tratar o peche do máster.[26] Ademais, o deputado Daniel Castro García rexistrou unha pregunta parlamentaria na orde do día da sesión plenaria do Parlamento de Galicia do 10 de xuño (punto 8.6, 12/PUP-000117) para coñecer as previsións da Xunta respecto da oferta do máster en matemáticas no curso 2025/26.[23] Daniel escribiu un artigo de opinión para Galiza Nova criticando a privatización da universidade, dicindo que "non o pasado maio, podemos ler que o goberno do PP decidiu non ter ningún tipo de diálogo co sector e acabar unilateralmente dando clases de Matemáticas na USC".[27] O BNG dixo o 11 de xuño denunciou na súa páxina web o peche do Mestrado en Matemáticas da USC "como un ataque á universidade pública".[28]

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou o 24 de xuño que a defensa do máster en matemáticas "é un dos temas que se tratarán no próximo pleno municipal", que se celebró o xoves 26 de xuño. A edil agarda que haxa "unanimidade" entre os grupos municipais á hora de solicitar a "recuperación" e a "permanencia" do programa de posgrao en cuestión.[29] O pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade la declaración institucional de apoio á continuidade do Máster en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. A moción contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego, Compostela Aberta, o Partido Socialista Obreiro, o Partido Popular e os concelleiros non adscritos.[30]

A presidenta da Real Sociedade Matemática Española e docente da USC Victoria Otero apoia a plataforma recoñecendo a importancia das matemáticas.[31]

O decano da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, Alberto Cabada, elixido hai menos dun mes, quen critica a decisión da Xunta de Galicia, xa que cre que a cualificación "sempre foi singular".[32] A Xunta de Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela manifestou publicamente o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de suspender a oferta de novo ingreso no Máster Universitario en Matemáticas para o curso académico 2025-2026. Nunha declaración institucional, o órgano de goberno da facultade expresou o seu "apoio claro e decidido" á continuidade do máster, que considera unha formación "estratéxica para Galicia".[33]

Por parte da USC, a vicerreitora de Titulacións, María José López Couso, lamenta esta decisión porque implica a perda dunha titulación "diferente" aos outros dous másteres da Facultade de Matemáticas de Santiago porque está máis orientada cara á investigación.[5] A Vicerreitora presentou o 4 de xuño de 2025 un recurso de alzada polo non recoñecemento da singularidade.

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia manifestou o seu sólido e decidido apoio á consideración do Mestrado Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela como unha titulación chave na formación, determinante na consolidación das carreiras investigadoras e singular dentro do Sistema Universitario de Galicia.[34]

Nuno García Pico dixo en escenario durante unha actuación musical "non ao peche do Máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela".[35]

Nun comunicado, a Real Sociedade Matemática Española manifestou o apoio ao Mestrado e dixo que "desde a [Real Sociedade Matemática Española] consideramos imprescindíbel destacar o grave prexuízo social que supón a perda de talento dedicado á investigación e á formación en matemáticas. Esta situación afecta de forma directa á capacidade de desenvolvemento dunha rexión e da súa cidadanía, debilitando o pensamento crítico, o razoamento lóxico e as posibilidades de innovación, tanto a nivel individual como no conxunto do tecido industrial".[36]

Enrique Macías Virgós, exdecano da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, escribiu unha carta ao director de La Voz de Galicia na que afirma que a decisión se interpreta no sentido de que as matemáticas non importan e que ignora o valor estratéxico das matemáticas puras, que son a base da educación STEM e un eixo transversal de toda ciencia.[37]

En xuño de 2025, a Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas denunciou a decisión preguntándose se non sería singular que a maioría dos graduados fosen matemáticos recoñecidos internacionalmente ou galardoados, apoiando a plataforma.[38]

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela pronuncióuse en apoio á plataforma e permanencia do máster.[39] Segundo declarou, "esta decisión por parte do Goberno galego non obedece a ningún criterio estratéxico ou racional respecto da planificación do noso sistema universitario, senón que é un reflexo da tendencia observada durante os últimos anos de desmantelamento da nosa universidade pública".[40]

María do Carme García Negro escribiu un artigo de opinión no El Correo Gallego titulado "De como a burocracia enguliu as matemáticas", en defensa do Máster e a plataforma.[41]

O profesor Eduardo García Río escribiu unha carta aberta criticando a desaparición do máster.[42]

No XLI Congreso Nacional de Estatística e Investigación Operativa de 2025, mostrou o seu apoio a presidenta da Sociedade Española de Investigación Operativa, Begoña Vitoriano, o presidente do Comité Español de Matemáticas, Alfonso Gordaliza e a presidenta entrante da Sociedade Española de Investigación Operativa, Maria Dolores Martínez.[43]

O divulgador das matemáticas Nicolás Atanes dixo nunha carta ao director en Diario de Navarra titulada Necesitamos más matemáticas que "hoxe en día, parece que segue habendo moitos incultos aos que as matemáticas parecen non importarlles […] agora, enriba de todo, a comunidade autónoma de Galicia viviu un destes procesos sen dúbida singulares, cando o goberno autonómico autorizou a desaparición do máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.[44]

Algúns dos asinantes máis coñecidos son Eduardo Sáenz de Cabezón, Marina Díaz, Martín Padrón entre outros.[45]

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, ao ser preguntado sobre isto nunhas declaracións aos medios o 24 de xuño, dixo que a USC presentou un recurso ante a Secretaría Xeral de Universidades contra a decisión de non impartir o Máster en Matemáticas o ano que vén. Aínda que recoñeceu que os prazos son "axustados" e que queda "moi pouco tempo", segue aberto á posibilidade de que a Xunta (goberno rexional) poida dar marcha atrás na súa decisión: "Estamos á espera de ver se podemos mantelo para este curso académico, 2025-26".[46]

Ademais de todas as mencionadas, a plataforma destacou nun comunicado con data do 25 de xuño que esta causa conta cun "apoio sen precedentes" de diversas institucións, entre elas o Colexio de Decanos da USC, a Conferencia de Decanos de Matemáticas de España, e o presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, o recoñecido matemático Juan José Nieto Roig.[47]

O 25 de xullo de 2025, no seu primeiro discurso como presidente da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas, Javier Polo remarcou que traballaría para solventar este problema, que aínda que xa ten solución, polas súas consecuencias cos membros da plataforma.

Resposta da Xunta

[editar | editar a fonte]
Román Rodríguez no Parlamento de Galicia o 11 de xuño de 2025

A Xunta de Galicia, a través do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, anunciou no Parlamento de Galicia o 11 de xuño de 2025 que estaba disposta a traballar conxuntamente coa Universidade de Santiago de Compostela para mellorar a proposta do Mestrado en Matemáticas, co obxectivo de reintroducilo na oferta académica a partir do curso 2026/27. O conselleiro salientou que a súa intención é reformular a titulación de xeito que sexa máis atractiva para o alumnado, mellorando tanto a súa calidade como a especialización.

Rodríguez tamén indicou que a decisión de non ofertar novas prazas para o curso 2025/26 responde a criterios técnicos, en particular ao cumprimento do Decreto de Titulacións de 2011, que establece un número mínimo de alumnos para que un máster sexa ofertado. Neste caso, a titulación do Mestrado en Matemáticas da USC contou cunha media de 12 alumnos nos últimos tres anos, cando o mínimo exixido son 16 estudantes. Non obstante, subliñou que a titulación non se pecha e que os estudantes que actualmente a están cursando poderán rematar os seus estudos sen ningún problema.

A Xunta tamén destacou que, a pesar de non alcanzar o número mínimo de alumnado nos últimos anos, o mestrado gozou de varios cursos de excepcionalidade entre os cursos 2018/19 e 2022/23, co fin de dar tempo á USC para mellorar os datos e captar máis alumnado. Non obstante, segundo o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, o plan de mellora presentado pola facultade non inclúe accións concretas para incrementar o número de alumnos de novo ingreso.

Por outra banda, Román Rodríguez lembrou que a denegación da declaración de singularidade para o Mestrado en Matemáticas nos últimos dous anos foi motivada por non cumprir cos requisitos establecidos. Finalmente, subliñou que a USC continúa a ofrecer outros dous mestrados en Matemáticas, o Mestrado en Matemática Industrial e o Mestrado en Técnicas Estatísticas, que contan cunha boa acollida entre o alumnado, e que a investigación nesta área segue garantida a través dos programas de doutoramento.

A Xunta reiterou a súa disposición a colaborar na mellora do Mestrado en Matemáticas para facelo máis competitivo e viable no futuro[48] e insistiu en que é necesaria unha «reformulación» do título para facelo máis atractivo e que así capte máis alumnado.[49]

  1. Salgado, Daniel (2025-06-03). "La Xunta deja sin plazas el único máster en matemática teórica de la universidad gallega". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-06-03.
  2. Véxase Singularidade_de_máster_universitario#Efectos
  3. "Persecución de Rueda a la ciencia: “Nos expulsa de un máster que sirve a un 20% de matemáticos españoles”". El Plural (en castelán). 2025-06-05. Consultado o 2025-06-11.
  4. Diario, Nós (2025-05-21). "Alertan da posíbel supresión do Mestrado de Matemáticas na USC". Nós Diario. Consultado o 2025-05-25.
  5. 1 2 Press, Europa (2025-05-27). "La USC no podrá impartir el próximo curso el Máter en Matemáticas y promueven una recogida de firmas para mantenerlo". www.europapress.es. Consultado o 2025-05-27.
  6. "Cisma por la desaparición del máster en Matemáticas de la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-05-27. Consultado o 2025-05-27.
  7. SL, POMBAPRESS. "Alumnado de la USC se moviliza para defender el Máster en Matemáticas". GaliciaPress (en castelán). Consultado o 2025-05-27.
  8. Platas, David M. Sobrino (2025-06-03). "Convocan unha concentración diante do Parlamento para protestar pola desaparición do Máster en Matemáticas". Xornal de Compostela :: Xornal da capital de Galicia. Consultado o 2025-06-03.
  9. Julia (2025-06-11). "“Queremos estudiar sin emigrar”: Protesta frente al Parlamento gallego por el veto al máster de Matemáticas en la USC". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2025-06-11.
  10. Gallego, El Correo (2025-06-11). "Más de un centenar de personas claman contra el cierre del máster en Matemáticas de la USC". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-06-11.
  11. Diario, Nós (2025-06-11). ""Sen mates non hai universidade": unha protesta ante o Parlamento galego exixe á Xunta a continuidade do Mestrado en Matemáticas". Nós Diario. Consultado o 2025-06-11.
  12. "Protestas ante al Parlamento gallego para exigir a la Xunta la continuidad del Máster en Matemáticas". El Español (en castelán). 2025-06-11. Consultado o 2025-06-11.
  13. Galicia, elDiario es (2025-06-23). "Estudiantes lamentan la "muerte de las matemáticas en Galicia" tras desaparecer el máster de la Universidade de Santiago". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2025-06-24.
  14. "El decano de Matemáticas solicita una reunión urgente con el conselleiro Román Rodríguez". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-06-26. Consultado o 2025-06-27.
  15. Diario, Nós (2025-07-01). "A USC manterá un Consello de Goberno extraordinario polas actuacións da Secretaría Xeral e en defensa do Mestrado de Matemáticas". Nós Diario. Consultado o 2025-07-01.
  16. Redacción (2025-07-02). "A USC únese na defensa do mestrado de Matemáticas". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-07-02.
  17. Rey, Lorena (2025-07-05). "Alberto Cabada, novo decano de Matemáticas: «A desaparición do mestrado terá efectos negativos»". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-07-28.
  18. "Jornada de divulgación matemática con juegos y talleres en Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-07-13. Consultado o 2025-07-28.
  19. "A Xunta informa favorablemente o novo mestrado de Matemáticas para impartirse no curso 2026-27". Universidade de Santiago de Compostela. 2025-07-18. Consultado o 2025-07-28.
  20. Compostela, Xornal de (2025-05-28). "Sumar Galicia reclama á Xunta que manteña o Máster en Matemáticas da USC". Xornal de Compostela :: Xornal da capital de Galicia. Consultado o 2025-06-02.
  21. "El PSdeG exige a la Xunta que autorice la continuidad del máster de matemáticas de la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-06-01. Consultado o 2025-06-02.
  22. "O PSdeG esíxelle á Xunta que autorice "inmediatamente" a continuidade do máster de matemáticas da USC". PSdeG. 2025-06-01. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2025. Consultado o 2025-06-02.
  23. 1 2 de Galicia, Parlamento (2025-06-03). "Convocatoria da sesión plenaria do 10 de xuño de 2025"[Ligazón morta]. Parlamento de Galicia. Consultado o 2025-06-04.
  24. Erguer. Estudantes da Galiza. "Hoxe, desde Erguer, queremos sumarnos á denuncia da actuación que se está a realizar desde a USC para retirar o mestrado de matemáticas no vindeiro curso. Día tras día vemos como a privatización da universidade pública avanza, o único que a pode parar é a organización colectiva". X. Consultado o 2-6-2025.
  25. Miranda, Ana. "Todo o apoio dende o @BNG_ParlEuropa @DefensaMesMat". X. Consultado o 2-6-2025.
  26. BNG - Parlamento galego. "Xuntanza no Parlamento co profesorado de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. O BNG exixirá á Xunta de Galiza garantir a continuidade do mestrado en matemáticas no vindeiro curso 2025-2026.". X. Consultado o 11-6-2025.
  27. Nacional, Galiza Nova (2025-06-08). "O PP só suma coa privada. Artigo Daniel Castro". Galiza Nova. Consultado o 2025-06-11.
  28. Galego, BNG-Bloque Nacionalista (2025-06-11). "BNG denuncia o peche do Mestrado en Matemáticas da USC como un ataque á universidade pública". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Consultado o 2025-06-11.
  29. "La USC recurre la decisión de la Xunta de no impartir el Máster de Matemáticas el curso que viene". Diario ABC (en castelán). 2025-06-24. Consultado o 2025-06-24.
  30. "Unanimidad en el pleno de Santiago para defender la continuidad del Máster en Matemáticas de la USC". El Español (en castelán). 2025-06-26. Consultado o 2025-06-27.
  31. "El máster de Matemáticas de la USC se actualiza para evitar su desaparición y revivir en el curso 26-27". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-05-30. Consultado o 2025-06-02.
  32. "Cerrojazo de la Xunta al debate sobre el máster de Matemáticas de la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-05-31. Consultado o 2025-06-02.
  33. Ferradáns, Juan (2025-06-02). "La Facultad de Matemáticas de la USC pide mantener el Máster Universitario en Matemáticas y califica su suspensión como "un error estratégico y educativo de gran magnitud"". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2025-06-02.
  34. CITMAga (2-6-2025). "Carta de Apoio ao Mestrado Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC)" (PDF). Boletín CITMAga 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17-11-2025. Consultado o 02-06-2025.
  35. "Nuno Pico tamén di NON ao peche do Mestrado en Matemáticas!". Instagram. Consultado o 2025-06-29.
  36. Real Sociedade Matemática Española (30-5-2025). "Carta de Respaldo al Máster Universitario en Matemáticas de la Universidade de Santiago de Compostela" (PDF). Boletín de la RSME (894): 1–2. ISSN 2530-3376.
  37. "La Universidad de Santiago se queda sin máster en Matemáticas". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-06-01. Consultado o 2025-06-02.
  38. En defensa do mestrado de Matemáticas da USC. "A ANEM denuncia a decisión da Xunta de suprimir o Mestrado en Matemáticas da USC". X. Consultado o 11-6-2025.
  39. Pereiras, Valeria (2025-06-04). "El estudiantado de la USC, en pie de guerra por la desaparición del único máster en matemáticas puras". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-06-04.
  40. "Apoio “claro e decidido” ao Mestrado en Matemáticas por parte do Consello do Estudantado da USC". Galicia Confidencial. Consultado o 2025-06-04.
  41. García-Negro, María do Carme (2025-06-05). "De como a burocracia enguliu as matemáticas". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-06-05.
  42. Carcacía, Isaac. "Texto de Eduardo García Río sobre el máster de matemáticas puras de la USC y su absurdo cierre por parte de la Xunta de Galicia.". X. Consultado o 11-6-2025.
  43. Crujeiras, Rosa. "Quero mostrar o meu apoio, tanto ao equipo docente como ao estudantado do Mestrado de Matemáticas da USC. Solidarizándose e mostrando o seu apoio canda min, a presidenta da SEIO, Begoña Vitoriano, o presidente do CEMAT, Alfonso Gordaliza e a presidenta entrante da SEIO, Mª Dolores Martínez.". Instagram. Consultado o 2025-06-29.
  44. Santos, Nicolás Atanes (2025-06-12). "Carta de los lectores: Necesitamos más matemáticas". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2025-06-12.
  45. "Lista de asinantes". Google Docs. Consultado o 2025-06-24.
  46. Press, Europa (2025-06-24). "La USC recurre la decisión de la Xunta de no impartir el Máster de Matemáticas el curso que viene". www.europapress.es. Consultado o 2025-06-24.
  47. Press, Europa (2025-06-25). "El decano de Matemáticas de la USC solicita una reunión urgente al conselleiro de Educación sobre el máster". www.europapress.es. Consultado o 2025-06-27.
  48. "A Xunta traballará coa Universidade de Santiago nunha mellora da proposta do mestrado de Matemáticas co obxectivo de volver ofertalo en 2026". Xunta de Galicia. Consultado o 11-6-2025.
  49. "La Xunta insiste en reformular el máster de Matemáticas para que capte más alumnado". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-06-27. Consultado o 2025-06-29.