Empar Pineda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Empar Pineda
Nome completoAmparo Pineda Erdozia
Nacemento1944
Lugar de nacementoHernani
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo e Universidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica
PremiosCreu de Sant Jordi
editar datos en Wikidata ]

Empar Pineda i Erdozia, nada en Hernani[1] en 1944, é unha dirixente feminista e lesbiana catalá de orixe vasca, pertencente á corrente Las otras feministas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao finalizar o bacharelato trasladouse a Madrid, onde vivía unha irmá súa, para continuar os estudos en 1964. Participou nas loitas estudantís e prohíbeselle matricularse na Complutense, polo que acaba estudando na Universidade de Salamanca e gradúase en filoloxía románica na Universidade de Oviedo. Despois trasladouse a Madrid, onde deu clases de lingua española e literatura para unha filial do Hogar del Empleado. Loitadora antifranquista, foi detida polas autoridades e pasou un tempo no cárcere de Martutene.[2] Durante a transición democrática , trasladouse a Barcelona, onde foi dirixente do Moviment Comunista de Catalunya, ao que representou, na Assemblea de Catalunya. Militante feminista, en maio de 1976, creou a Coordinadora Feminista de Barcelona que organiza as Primeres Jornades Catalanes de la Dona baixo o amparo da Asociación de Amigos da UNESCO.[3] Foi candidata pola provincia de Barcelona, dentro das listas da Candidatura de Unidade Popular polo Socialismo nas eleccións xerais españolas de 1977[4] e foi cabeza de lista do MCC-OECS nas eleccións xerais españolas de 1979.[5]

En 1980, fundou o Colectivo de Feministas Lesbianas de Madrid. Posteriormente foi cofundadora da Comisión pro Derecho al Aborto de Madrid, voceira da rede, Outras voces feministas e directora da Colección Hablan las mujeres , e das revistas Nosotras que nos queremos tanto e Desde nuestra acera. Desde 1993 ata a súa xubilación, traballou na Clínica Isadora de Madrid, onde tamén foi delegada sindical de Comisións Obreiras. En 2008, recibiu a Creu de Sant Jordi e en 2022 a Medalla de Honor da cidade de Barcelona.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Polémicas feministas (1985), en colaboración con Paloma Uría
  • Un feminismo que existe (2006), en colaboración con varios autores.

Notas[editar | editar a fonte]