Empar Iturbi Bàguena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmpar Iturbi Bàguena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Amparo Iturbi Báguena Editar o valor em Wikidata
12 de marzo de 1898 Editar o valor em Wikidata
Alboraia, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1969 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tumor cerebral Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCulver City (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosep Iturbi Bàguena Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0411825 Musicbrainz: 19133da9-4b5a-498b-a399-8e3eaf13ff1d Discogs: 1753363 Allmusic: mn0002190151 Find a Grave: 13441460 Editar o valor em Wikidata


Empar Iturbi Bàguena, nada en Valencia o 12 de marzo de 1898 e finada en Beverly Hills (California) o 22 de abril de 1969, foi unha pianista valenciana. Acompañou o seu irmán Josep Iturbi na aventura estadounidense e apareceu en varias películas de Hollywood.[1] [2] [3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a filla máis nova de Ricardo Iturbi e Teresa Báguena, quen tiñan unha gran paixón pola música e a habilidade de afinaren pianos, pouco común daquela. Tivo como profesores de música a María Jordán e a Eduard López-Chavarri.[2]

Debutou en Barcelona con quince anos. En 1925 deu o seu primeiro concerto destacado no estranxeiro, na Salle Gaveau de París, onde fora acompañar o seu irmán.[4] A súa interpretación de Goyescas foi moi admirada e o propio Enrique Granados dixo que Empar foi quen mellor a interpretara.[2] Posteriormente fixo unha xira conxunta co seu irmán por Italia, a Suíza, Bélxica, os Países Baixos e o Reino Unido. Tamén acompañou á famosa soprano catalá Maria Barrientos. En 1937 debutou nos Estados Unidos de América.[4]

Tivo unha filla única, tamén chamada Amparo, dun breve matrimonio co exportador de laranxas Enrique Ballester, quen tamén dirixía unha compañía flamenca de sona internacional.[5]

Finou en Beverly Hills o 22 de abril de 1969, debido a un tumor cerebral.[6]

Carreira cinematográfica[editar | editar a fonte]

Empar Iturbi apareceu en varios filmes musicais da MGM. Neles interpretábase a si mesma tocando o piano en compañía do seu irmán:

  • Two Girls and a Sailor (1944)
  • Holiday in Mexico (1946)
  • Three Daring Daughters (1948)
  • That Midnight Kiss (1949)

Tamén participou na banda sonora de Three Daring Daughters (1948). Os irmáns lograron fama polos seus dúos de piano. Fixeron aparicións en televisión no Show de Jimmy Durante en 1955 e The Bell Telephone Hour en 1962. Empar, amais, deixou gravacións como solista ou a dúo. En 1999 publicouse o CD Celebrated Artistry-Mozart/Jose & Amparo Iturbi.

En 1956 foi nomeada cidadá de honra de Texas e dous anos máis tarde recibiu en España o título de Dama da Cruz de Isabel a Católica. Anos máis tarde estivo a piques de converterse en directora do Departamento de Piano da Universidade de Loyola.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • A Universidade Estatal de California en Fresno ofrece a bolsa anual Amparo Iturbi para perfeccionar a técnica do piano.
  • Josep Iturbi dotou de fondos unha bolsa para a especialidade na interpretación de piano en memoria da súa irmá na Loyola Marymount University.
  • Na cidade de Valencia está a rúa «Pianista Empar Iturbi».
  • En 2019, con motivo do 50 aniversario da súa morte, presentouse en Valencia a exposición «Iturbis». Malia homenaxear ambos os irmáns, reivindicou principalmente a figura de Empar, eclipsada pola do seu irmán durante a súa traxectoria profesional.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Empar Iturbi i Bàguena". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Tal dia com hui del 1889 va nàixer la pianista Amparo Iturbi". Nosaltres La Veu (en catalán). 12 de marzo de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  3. Espinosa de los Monteros, María Jesús (23 de xaneiro de 2019). "La pianista de Hollywood: Amparo Iturbi". Valencia Plaza (en catalán) (València). Lobo. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Iturbi Baguena, Amparo". Auñamendi Eusko Entziklopedia (en éuscaro). Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  5. García, Paula (28 de xullo de 2019). "Amparo Iturbi Báguena (1898-1969)". À Punt (en catalán) (Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació). Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  6. "Nace Amparo Iturbi, hermana del reconocido pianista". Las Provincias (en castelán) (Vocento). 11 de marzo de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  7. Garcés, Laura (24 de setembro de 2019). "Amparo, el alma de los Iturbi". Las Provincias (en castelán) (València: Vocento). Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]