Emma Calvé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emma Calvé
Emma Calvé 001.jpg
Nacemento15 de agosto de 1858
Lugar de nacementoDecazeville
Falecemento6 de xaneiro de 1942
Lugar de falecementoMontpellier e Millau
Causadoenza
NacionalidadeFrancia
Ocupacióncantante de ópera
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
IMDB: nm1089281 Musicbrainz: 9023838b-57ad-459b-bffe-fb7de206f554 Discogs: 2896664 Find a Grave: 13740878 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Emma Calvé en 1896

Rosa Emma Calvet de Roquer,[1] nada en La Sala, Aveyron,[2] o 15 de agosto de 1858 e finada en Montpellier o 6 de xaneiro de 1942, foi unha soprano francesa de orixe catalá coñecida como Emma Calvé. Probablemente foi a cantante de ópera francesa máis famosa da Belle Époque.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cartel de Safo

Foi alumna de Jules Puget, Mathilde Marchesi,[4] Rosina Laborde e Manuel García.

Debutou como Marguerite en Faust no Théâtre de la Monnaie, Bruxelas, o 23 de setembro de 1881[2] e tres anos máis tarde apareceu en París na Ópera-Comique. Massenet escribiu para ela dous papeis, as heroínas de La navarraise e Sapho. Interpretou o papel de Suzel en L'amico Fritz de Pietro Mascagni, que máis tarde cantou en Roma. Debido ao seu grande éxito, foi escollida para o papel de Santuzza en Cavalleria rusticana, que foi vista como unha das súas mellores pezas. Repetiu o éxito en Londres. Debutou no Teatro Real de Madrid o 9 de xaneiro de 1895 na ópera Hamlet de Ambroise Thomas.[5]

Cantou frecuentemente no Covent Garden e na Metropolitan Opera e foi coñecida polas súas moitas actuacións de Carmen. Tivo éxito en papeis como Leila e Ophelia. A súa voz, clara na zona alta, era sonora e timbrada na baixa. Grazas a isto puido encarnar unha Santuzza e unha Carmen que fixeron historia. En contraste coa súa contemporánea Bellincioni, Calvé intentou ser moi expresiva e ao mesmo tempo medida.

Foi a gran sacerdotisa da subcultura esotérica de París e chegou a estar comprometida co escritor ocultista Jules Bois.[6] Foi membro da Independent Society for Esoteric Studies, fundada polo ocultista Papus. Dise que era un amante de Bérenger Saunière e que estaba relacionada co asunto de Rennes-le-Château .

Poucos anos antes da súa morte, Calvé confiou as súas memorias a unha editorial que as publicou baixo o título Sous tous les ciels j'ai chanté.[7]

Calvé faleceu o 6 de xaneiro de 1942 en Montpellier, Hérault, e está enterrada en Millau.[8] A súa voz consérvase en numerosas gravacións rea lizadas entre 1902 e 1920.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez García, Manuel. Diccionario del teatro (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 Hoffman 2004, p. 153.
  3. "Emma Calvé". Gran Enciclopèdia de la Música (en catalán). Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  4. Mukherjee 2013, p. 395.
  5. "Espectáculos - Real". La Iberia: 3. 7 gener 1895. 
  6. "Mme. Calve to Marry". The New York Times. 6 de xaneiro de 1903. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  7. "Calvé Emma". Encyclopédie de l'Agora (en francés). 1/4/2012. 
  8. "Music: A Carmen Dies". Time Magazine. 19 de xaneiro de 1942. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]