Emilio Prieto Saavedra
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1889 Becerreá, España |
| Morte | 20 de setembro de 1975 Becerreá, España |
| 1920 – 1922 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Emilio Prieto Saavedra, nado en Becerreá cara a 1889 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1975, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro de Becerreá, foi nomeado alcalde de Becerreá en 1920.[1] Cesou no cargo en 1922. Foi nomeado concelleiro de Becerreá en abril de 1930, e foi segundo tenente alcalde.[2] Na Segunda República foi deputado provincial de 1934 a 1936.[3] Nas eleccións de febreiro de 1936 formou parte do comité electoral da coalición de dereitas de Becerreá.[4] No franquismo foi delegado comarcal sindical de Becerreá en 1943.[5] Finou en Becerreá o 20 de setembro de 1975 con 86 anos.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Valcarce Arrojo, que finou en Madrid o 28 de xaneiro de 1970.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Manuel López Fernández |
Alcalde de Becerreá 1920 - 1922 |
Sucesor: Jesús Rodríguez Pérez |