Emilio Huete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Huete
Ocupaciónguitarrista de jazz
editar datos en Wikidata ]

Emilio Huete é un guitarrista e compositor de jazz-fusión mexicano de nacemento e galego de adopción. Formouse de rapaz en guitarra clásica e comezou a tocar en grupos de rock, de xeito autodidacta, nos anos setenta formando parte no ano 1979 do trío de jazz-fusión coruñés Moby Dyck. En 1992 forma o Emilio Huete Quartet e graba o seu primeiro traballo en solitario, Músicos, no que versiona temas de músicos coma Wayne Shorter, Joe Zawinul ou Mike Stern.

No 2005 editou Xabre, composto a partir das formas melódicas e rítmicas tradicionais galegas e da linguaxe harmónica e formal do jazz. Na presentación contou cun quinteto, integrado por Xavier Constenla (piano), Carlos Castro (vibráfono), Quique Alvarado no baixo e Leandro Deltell á batería.

Tense adicado a moitas facetas da Música. É un dos pioneiros do Jazz en Galicia.