Saltar ao contido

Emilio García Bengoechea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio García Bengoechea
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso83 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Emilio García Bengoechea, nado en Vigo o 24 de novembro de 1938, é un ex-remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma, na proba de catro con temoneiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[2] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]