Emilio García Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio García Gallego
Nacemento1947
Lugar de nacementoVerín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Emilio García Gallego, nado en Cabreiroá (Verín) en 1947, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola de Enxeñaría de Madrid (1971) e licenciado en Dereito (Barcelona, 1982), cursou materias de doutoramento na Universitat Politécnica de Catalunya e foi profesor de Mecánica do solo e cimentacións especiais na ETSA de Barcelona de 1974 a 1982 e de Consolidación de terreos brandos e frouxos no curso 1979-1980.

Foi enxeñeiro na Comisaría de Aigues do Pireneo Oriental, delegado para Cataluña da empresa Grandes Redes Eléctricas e xefe do Servizo de Portos da Generalitat, ademais de secretario da Comisión de Portos de Cataluña e codirector do Plan de Portos de Cataluña. Tamén foi director xeral de transportes da Generalitat, subdirector da Xunta de Saneamento e subdirector da Xunta de Augas da Generalitat. Director Xeral de Infraestrutura e Transportes da Xunta de Galicia, foi o primeiro presidente do ente público Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF), que presidiu entre 1998 e 2000. Foi o número dous da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas ata 2003, director xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia e presidente de Augas de Galicia e de Portos de Galicia.

Presidiu o Ente Xestor de Infraestruturas Ferroviarias adscrito ao Ministerio de Fomento e encargado da execución da infraestrutura de alta velocidade.

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]