Emilio Durán Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Durán Ojea
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Ribas de Sil Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Emilio Durán Ojea, nado en Ribas de Sil cara a 1899, foi un carpinteiro e político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vogal e vicepresidente da Agrupación Socialista Agraria de San Clodio, que a partir de marzo de 1933 pasou a denominarse Agrupación Socialista Obrera de Oficios Varios Fraternidad y Trabajo, da que foi presidente. Foi delegado da Casa del Pueblo de San Clodio con Marcelino Fernández Prada no Congreso da Federación Provincial de Colectividades Socialistas en abril de 1936,[1] e participou e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Lugo o 13 de abril de 1940 para dilixencias previas e saíu en liberdade o 10 de agosto. Foi expedientado por responsabilidades políticas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 24-4-1936, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
  3. BOP Lugo, 7-2-1942, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]