Emilio Díaz Valcárcel
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1881 O Saviñao |
| Morte | valor descoñecido |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Emilio Díaz Valcárcel, coñecido como Mazo, nado en Ousende (O Saviñao) cara a 1881, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alcalde pedáneo de Ousende. Foi vogal obreiro da Comisión municipal de Policía rual do Saviñao creada en decembro de 1932.[1] Foi detido o 22 de decembro de 1933 acusado de incendio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 8 de setembro de 1937 e ingresou na Prisión de Monforte de Lemos. Trasladado á Prisión Provincial de Lugo en decembro. Xulgado en consello de guerra en Lugo na causa 1910/37 o 3 de xaneiro de 1938, foi posto en liberdade o 10 de xaneiro a disposición do delegado militar de Orde pública. Reingresou na Prisión de Lugo o 8 de setembro de 1937 pola causa 1210/37 do Xulgado Militar Eventual de Monforte de Lemos. Trasladado a Lugo a disposición do gobernador militar. Liberado definitivamente o 14 de maio de 1938. Novamente detido o 4 de decembro xunto con Manuel Quiroga Álvarez, xulgado por rebelión militar a súa causa foi sobresida provisionalmente e quedou a disposición do xuíz especial de detidos gobernativos. Saíu en liberdade o 31 de decembro de 1938. Volveu ser implicado na causa 415/38.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOP Lugo, 22-9-1932, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión do Partido de Monforte de Lemos
- Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión Provincial de Lugo 1937
- Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión Provincial de Lugo 1938-