Emilio Costas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Costas Fernández
Nacemento1914
 Tui
Falecemento26 de xullo de 1936
 Monte Aloia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpadeiro e anarcosindicalista
editar datos en Wikidata ]

Emilio Costas Fernández, nado en Tui en 1914[1] e fusilado no monte Aloia[2] o 26 de xullo de 1936,[3] foi un panadeiro e militante anarcosindicalista galego de comezos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi panadeiro en Vigo e Tui, e militaba no Sindicato de Alimentación de Tui da Confederación Nacional do Traballo. Era colaborador do xornal Mar y Tierra e membro da Federación Anarquista Ibérica. A finais de 1932 foi detido xunto a Vicente Vales Lorenzo acusado de disparar a Valentín Paz Andrade. Estivo preso até novembro de 1933, cando foi xulgado. Malia que a fiscalía pedía 18 anos de cárcere, saíron absoltos. Escribiu ao diario CNT dende a prisión denunciando as pésimas condicións dos reclusos. En 1934 intentou aplicárselle a lei de vagos en Tui. Foi detido trala revolución de Asturias.

En maio de 1936 participou no IV Congreso da CNT en Zaragoza, representando os sindicatos de Alimentación e Construción de Tui e mais o Sindicato de Oficios Varios de Guillerei. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, combateu en Tui aos militares. Tras ser apresado, foi fusilado xunto ao seu irmán José no monte Aloia. Dúas semanas despois correron a mesma sorte o seu irmán pequeno Alejandro e o seu pai Antonio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia, Ed. Positivas, 2003. Páx. 80.
  2. "En memoria de Vicente Vales e Emilio Costas", artigo na web da Confederación Rexional Galaica; maio 2012.
  3. Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936 - 1976), Ed. A Nosa Terra, 2006. Páx. 254.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]