Emilio Aceval
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1853 Asunción, Paraguai |
Morte | 15 de abril de 1931 (77 anos) Asunción, Paraguai |
Lugar de sepultura | Recoleta Cemetery, Asuncion (en) |
Presidente de Paraguai | |
25 de novembro de 1898 – 9 de xaneiro de 1902 ← Juan Bautista Egusquiza (pt) – Andrés Héctor Carvallo Acosta (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Colorado (pt) |
Profesores | Fidel Maíz (en) |
Premios | |
Emilio Aceval, nado en Asunción, Paraguai, o 16 de outubro de 1853[1] e finado en Asunción o 15 de abril de 1931, foi presidente da república de Paraguai. Os seus pais foron Leonardo Aceval e Mónica Marín.[1] Casou moi novo, en primeiras nupcias con Adelina Díaz de Bedoya, da que enviuvou, casando despois, en segundas nupcias, con Josefina Rivarola.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos nenos heroes sobreviventes da batalla de Acosta Ñu. Os seus estudos realizounos baixo a dirección do pai Fidel Maíz, pero ao comezo da guerra contra a Tripla Alianza incorporouse ao Exército, aos 13 anos. Foi ferido en Pirayú e logo en Acosta Ñu, onde actuou co grao de sarxento maior. Días despois, caeu prisioneiro na batalla de Caraguatay. (A súa vestimenta de soldado exhíbese no Museo de Historia Militar).
Ao regresar á capital, atopouse coa triste escena da casa dos seus pais, que foi cruelmente saqueada, descubriuse nunha fría soidade, pero achegados seus axudárono a trasladarse a Corrientes e logo a Buenos Aires, onde retomou as súas tarefas escolares como interno do Colexio Nacional Central. Proseguiu os seus estudos de enxeñaría na posguerra, en 1876, pero tivo que interrompelos por mor dunha grave enfermidade. Logo da súa recuperación, realizou unha longa viaxe por Europa e os Estados Unidos, de onde regresou en 1881, e dedicouse á gandaría, transformándose nun propietario de facendas. Faleceu na cidade de Asunción o 15 de abril de 1931.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Parker, William Belmont (1921). Paraguayans of To-day. The Hispanic society of America. pp. 125–126.