Emilíana Torrini
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (is) Emilíana Torrini Davíðsdóttir 16 de maio de 1977 (47 anos) Kópavogur, Islandia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtora musical, compositora, letrista, artista discográfico |
Período de actividade | 1994 - |
Xénero artístico | Música pop, indie pop e trip hop (pt) |
Influencias | |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI Rough Trade Records |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | emilianatorrini.com |
Emilíana Torrini Davíðsdóttir, nada o 16 de maio de 1977, é unha cantante islandesa, que se fixo famosa tras a publicación do seu primeiro álbum Love in the Time of Science.
Primeiros pasos
[editar | editar a fonte]Emiliana creceu en Kópavogur, e cando tiña 7 anos ingresou nun coro como soprano, até que entrou nunha escola de ópera, aos 15 anos. En 1994 acadou fama en Islandia despois de gañar a competición nacional de canción de escolas xuvenís (en islandés: Söngkeppni framhaldsskólanna), aos 17 anos, cantando "I Will Survive". Filla dun italiano e unha islandesa, tiñan un restaurante de cociña italiana bastante coñecido en Islandia e aínda moitos islandeses a recordan traballando de camareira no negocio familiar.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]De 1994 a 1996 publicou tres álbums en Islandia, Spoon (cunha banda do mesmo nome), Crouçie d'Où La e Merman. Pero non se faría famosa até 1999 con Love in the Time of Science (producido por Roland Orzabal de Tears for Fears). Torrini foi capaz de cantar "Gollum's Song", o tema final do film The Lord of the Rings: The Two Towers de Peter Jackson, cando Bjork quedou preñada. En 2005 publica o álbum Fisherman's Woman, no que incluía sinxelos como "Sunny Road" ou "Heartstopper". En 2006, Torrini foi nomeada aos Icelandic Music Awards en Reiquiavik por catro categorías: Álbum Pop do Ano, Canción do Ano ("Sunny Road"), Cantante do Ano e vídeo do Ano ("Sunny Road", dirixido por Ali Taylor. Gañou todas agás o de Canción do Ano.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Emilíana Torrini foi membro do grupo de artistas islandeses GusGus e contribíu poñendo voz a varias cancións do seu álbum debut Polydistortion (1997), que incluía o tema "Why", que aínda segue a interpretar nos seus concertos. Ela foi coautora do tema "Slow" de Kylie Minogue en 2003. Tamén producíu este tema en con Dan Carey, sendo ambos nomeados aos Grammy na categoría de Mellor Gravación Dance en 2005. Antes disto puxo voz ao disco The Richest Man in Babylon da banda Thievery Corporation's]] (Washington, DC, EUA) en 2002.
Torrini participou nalgún tour con Moby, Sting, Dido, Travis, Tricky e Adem.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Spoon (1994)
- Crouçie D'où Là (1995)
- Merman (1996)
- Love in the Time of Science (1999)
- Rarities (2000)
- Fisherman's Woman (2005)
- Me and Armini (2008)
- Tookah (2013)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Unemployed in Summertime" (1999)
- "Dead Things" (1999)
- "To Be Free" (1999)
- "Baby Blue" (1999)
- "Easy" (2000)
- "Livesaver" (2004)
- "Sunny Road" (2005)
- "Heartstopper" (2005)
- "Jungle Drum" (2009)
- "Me and Armini" (2009)
- "Speed of Dark" (2013)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- 1995 - "Bömpaðu baby bömpaðu" (voz) (Fjallkonan, Partý)
- 1995 - "Vanishing" (voz) (LHOOQ, Volume Fifteen)
- 1996 - "7-Up Days" (voz) (Slowblow, Fousque)
- 1996? - "Flirt" (voz) (Slowblow)
- 1997 - "Asking for Love" (voz) (Jóhann G. Jóhannsson, Asking for Love)
- 1997 - "Is Jesus Your Pal?" (voz) (GusGus, Polydistortion)
- 1997 - "Why?" (voz) (GusGus, Polydistortion)
- 1999 - "Come Out" (voz) (Dip, Hi-Camp Meets Lo-Fi)
- 2001 - "101 Reykjavík Theme" (remixed by Emilíana Torrini, non voz) (101 Reykjavík Soundtrack)
- 2002 - "Absolutely No Point In Anything Anymore" (voz) (Cheapglue, Sexy Horses)
- 2002 - "Hold Your Hand" (voz) (Paul Oakenfold, Bunkka)
- 2002 - "Weebles Fall" (vocals) (Slovo, Nommo)
- 2002 - "Heaven's Gonna Burn Your Eyes" (voz) (Thievery Corporation, The Richest Man in Babylon)
- 2002 - "Until the Morning" (voz) (Thievery Corporation, The Richest Man in Babylon)
- 2002 - "Gollum's Song" (voz) (The Lord of the Rings: The Two Towers Soundtrack)
- 2003 - "Slow" (co-escrito) (Kylie Minogue, Body Language)
- 2003 - "Someday" (co-escrito) (Kylie Minogue, Body Language)
Cancións en compilacións
[editar | editar a fonte]- 1994 - "Frank Mills" (Hárið)
- 1996 - "Candy Man" (Sprelllifandi)
- 1996 - "Lay Down" (Stone Free, cover do tema de Melanie Safka "Lay Down (Candles in the Rain)")
- 1996 - "Ruby Tuesday" (Stone Free, The Rolling Stones cover)
- 1996 - "White Rabbit" (Stone Free, Jefferson Airplane cover)
- 1996 - "Sounds of Silence" (Stone Free, cover de "The Sound of Silence" de Simon and Garfunkel)
- 1997 - "Heaven Knows" (Veðmálið, con Björn Jörundur)
- 1997 - "Io e te" (Veðmálið)
- 1997 - "Leigubíll" (Veðmálið, with Kanada)
- 1997 - "Perlur og svín" (Veðmálið)
- 1997 - "Tvær stjörnur" (Megasarlög)