Emblema de Xerusalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emblema de Xerusalén
Emblem of Jerusalem.svg
Detalles
Adoptado1950

O emblema de Xerusalén é o símbolo oficial da cidade desde 1950. A figura principal do emblema é un León, que se mostra rampante, que representa ao León de Xudá, o símbolo da Tribo de Xudá e máis tarde o Reino de Xudá, cuxa capital era Xerusalén. O fondo do emblema representa as murallas de Xerusalén e o Muro das Lamentacións, e as ramas de oliveira representan a procura da paz. A inscrición encima do escudo é o nome en hebreo de Xerusalén (Ierushalaim).[1]

Pouco despois da fundación do estado de Israel, o alcalde da cidade Gershon Agron creou un concurso de deseño entre deseñadores gráficos para o emblema da cidade. O deseño gañador foi realizado por un equipo dirixido por Eliyahu Koren, director e fundador do departamento gráfico do Fondo Nacional Xudeu, e un influente tipógrafo e deseñador de libros.[2]

En 1943 o Municipio de Xerusalén aprobara un emblema diferente para a cidade, pero as autoridades do Mandato Británico nunca ratificaron esa decisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jerusalem (Israel)". 
  2. "Prayer type". Nextbook. His break came when the Jewish National Fund hired him to lead its first graphics department. In this position, which he kept for 21 years, Koren oversaw the creation of many of Israel’s most prominent symbols, including its first postage stamp and, in his own design, the seal of the city of Jerusalem—a lion rampant in front of the Wailing Wall, framed by olive branches—still in use today. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]