Elvira de León, raíña de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elvira de León, raíña de Sicilia
Raíña consorte de Sicilia
Elvira Alfonsez.jpg
Elvira Alfónsez, filla de Afonso VI de León

Reinado1105 - 1154
Outros títulosInfanta de León
NacementoSetembro de 1103
Toledo
Falecemento6 de febreiro de 1135
Palermo, Reino de Sicilia
SepulturaCatedral de Palermo
Cónxuxe/sRoxerio II de Sicilia
DescendenciaVéxase Matrimonio e descendencia
Casa realDinastía ximena
ProxenitoresAfonso VI de León

Na rede
WikiTree: Castilla-139

Elvira Alfónsez, infanta de León, nada en setembro de 1103 en Toledo e finada o 6 de febreiro de 1135,[1] foi a primeira raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Roxerio II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Elvira era filla de Afonso VI de León e de Isabel, a súa cuarta esposa, que algúns autores consideran a mesma persoa que Zaida, mentres que outros discrepan.[2]

Elvira foi criada en Toledo, polo que debía estar acostumada á convivencia entre cristiáns e musulmáns, como a que existía tamén en Sicilia.[2]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Elvira casou co daquela conde de Sicilia Roxerio II de Sicilia en 1117, e converteuse en raíña en 1130 cando o seu esposo se fixo coroar rei.[2]

Froito do matrimonio tiveron cinco fillos e dúas fillas:[2]

Morte e posterioridade[editar | editar a fonte]

En 1135 tanto Roxerio como Elvira enfermaron. A enfermidade era grave e contaxiosa. Roger sobreviviu, pero Elvira non tivo a mesma sorte, e morreu o 6 de febreiro do mesmo ano.[1][3]

Elvira recibiu sepultura na capela real de Santa Magdalena, en Palermo.

Roxerio permanece viúvo durante catorce anos, e só volveu casar cando catro dos seus cinco fillos con Elvira morreran.[3]

En 1149 contraeu matrimonio con Sibila de Borgoña, e en 1151 volveu casar con Beatriz de Rethel.[1]

Predecesor:
Novo título
Raíña consorte de Sicilia
1130-1135
Sucesor:
Sibila de Borgoña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Salazar 1993, p. 324.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Houben 2002, pp. 35-36.
  3. 3,0 3,1 Houben 2002, pp. 95-96.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alio, Jacqueline (2018): Queens of Sicily 1061-1266. Nova York: Trinacria. ISBN 978-1-9436-3914-4.
  • Birk, Joshua C. (2017): Norman Kings of Sicily and the Rise of the Anti-Islamic Critique: Baptized Sultans. Springer. ISBN 3-3194-7042-6.
  • Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cambridge University Press ISBN 978-0-5216-5573-6.
  • Salazar y Acha, Jaime de (1993): "Contribución al reinado de Alfonso VI de Castilla: algunas aclaraciones sobre su política matrimonial". Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Volume II. Madrid: Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, páxinas 301-336.

Outros artigos[editar | editar a fonte]