Elvira Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elvira Santiso
Nacemento1872
 Betanzos
Falecemento1961
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
editar datos en Wikidata ]

Elvira Santiso García, nada en Betanzos en 1872 e finada en Santiago de Compostela en 1961, foi unha pintora e mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moi nova marchou coa súa familia a Compostela, onde viviu ata a súa morte. Formouse na Escola da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, tendo como profesores a José María Fenollera e Mariano Tito Vázquez. Traballou como mestre particular, ensinando na sociedade da que fora alumna e facendo traballos por encarga.[1]

Algúns dos títulos dos seus cadros son: A ceboleira, Ao carón do lar, Botando un cigarro, Carmeliña, Claustro del Sar, La bordadora, La cena del campanero, Mondando patatas, No muíño, O pé do cruceiro, O tío Xan e Oración.[2]

Santiso participou na Exposición de Arte Galega de 1926.[3]

Fixo exposicións en diferentes certames celebrados en Santiago, A Coruña, Vigo, Madrid, Bos Aires, Montevideo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa.

Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • No curso 1888-89 conseguiu unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural.
  • No curso 1889-90, medalla de prata por unha copia dun xeso.
  • Diploma de colaboración na Exposición Rexional de 1896, celebrada en Lugo.
  • En 1906, mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.
  • Medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909, celebrada en Santiago de Compostela.
  • Medalla de Afonso X o Sabio en recoñecemento pola súa labor docente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elvira Santiso". Álbum de Mulleres. Consello da Cultura Galega. 
  2. "Santiso García, Elvira". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. "Exposición de Arte Gallego (anuncio)". El Compostelano (en castelán) (Santiago de Compostela). 29/7/1926. p. 3. 
  4. Pablos, Francisco (1981). Plástica gallega (en castelán). CAV. pp. 194–195. ISBN 84-7231-603-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]