Elvira Larriba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1961 (62 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
María Elvira Larriba Leira, nada en Madrid o 15 de decembro de 1961, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, especializouse en Museoloxía. Traballou para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia durante a década dos noventa, no departamento dirixido por Xesús Pérez Varela. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse nas listas do Partido Popular de Vigo e saíu escollida concelleira na oposición. Nas municipais de 2011 volveu saír elixida concelleira. Uns meses despois encabezou a lista pontevedresa do PP ás eleccións ao Senado, e foi elixida. Como consecuencia desta elección, deixou a súa acta de concelleira.
En febreiro de 2021 foi nomeada directora do centro Stella Maris e delegada diocesana do Apostolado do Mar polo bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiúza.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elvira Larriba Leira, nueva directora del centro Stella Maris". Faro de Vigo. 18 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021.