Elvira Albelda Conejero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElvira Albelda Conejero
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1913 Editar o valor em Wikidata (110 anos)
Navarrés, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Elvira Albelda Conejero, coñecida como Valenciana, nada en Navarrés (provincia de Valencia) o 15 de agosto de 1913, foi unha política comunista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Valencia. Ingresou no PCE en 1935. Durante a guerra foi concelleira de Valencia e secretaria xeral do Comité Provincial da Agrupación de Mujeres Antifascistas en Valencia, cargo no que substituíu a Pilar Soler. Colaborou na revista Pasionaria, editada por AMA en Valencia. Ao rematar a guerra foi detida polos franquistas e encarcerada. Ao saír en liberdade, marchou a Coruña, onde formou parte do Comité Rexional de Galicia, con Alberto González García. En setembro de 1941 evitou ser apresada na redada policial que sucedeu á caída de Eleuterio Lobo, na que foron detidos varios dirixentes comunistas procedentes de América en Portugal e varios militantes do PCE en Madrid e Galicia como Alberto Puente e Francisco Barreiro. Marchou a Madrid, pasando a formar parte, primeiro do Comité Provincial e, despois, do Comité Central Provisional do PCE, dirixido por Jesús Bayón. Detida na primavera de 1942, foi internada na cadea de Ventas de Madrid. Fuxiu do cárcere en compañía de María Asunción Rodríguez o 15 de xaneiro de 1945.[1] Logo de permanecer durante un ano escondida en Madrid, sen traballar para o PCE, marchou a Montesa (Valencia) onde vivía a súa nai. Coa axuda de dous guías pasou a Francia por Saint Laurent, dirixíndose despois a Decazeville (Aveyron) onde vivía a súa irmá Teodora, traballando nun restaurante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo Calixto Tellado, en novembro de 1944.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]