Eluned Morgan
Eluned Morgan | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1967 |
Lugar de nacemento | Ely |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Hull, UWC Atlantic College e Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf |
Ocupación | política |
Pai | Bob Morgan |
Na rede | |
http://www.elunedmorgan.co.uk/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mair Eluned Morgan, Baronesa Morgan of Ely, nada en Cardiff o 16 de febreiro de 1967, é unha política laborista galesa, membro da Asemblea Nacional de Gales e Ministra do Goberno de Gales para a lingua galesa e a educación permanente.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Educada no Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf, graduouse en Estudos Europeos na Universidade de Hull.
En 1990 traballou como stagiaire no Parlamento Europeo para o Grupo Socialista. En 1994 foi elixida deputada no Parlamento Europeo, e reelixida en 1999 e 2005.
O 19 de novembro de 2010 foi nomeada par vitalicio, escollida para a Cámara dos lords. O 27 de xaneiro de 2011 foi nomeada Baroness Morgan de Ely, pola súa vila de nacemento, Ely, en Cardiff.
En 2015 foi escollida candidata para as eleccións á Asemblea Nacional de 2016 pola lista rexional de Gales Central e Oeste. Nas eleccións do 5 de maio de 2016 foi escollida membro da Asemblea Nacional, e en novembro de 2017 foi proclamada Ministra para a linguag galesa e a educación permanente.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Welsh Government | Eluned Morgan AM". gov.wales (en inglés). Consultado o 2018-01-05.
- ↑ Williamson, David (3 de novembro de 2017). "The full details of Carwyn Jones' Welsh Government reshuffle". Walesonline (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2018.