Elliott Smith
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Steven Paul Smith ![]() 6 de agosto de 1969 ![]() Omaha, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 21 de outubro de 2003 ![]() Echo Park, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | undetermined, stab wound to the chest (en) ![]() ![]() |
Educación | Hampshire College (en) ![]() Lincoln High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, escritor, guitarrista, compositor, cantante, músico ![]() |
Período de actividade | 1991 ![]() ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie rock, indie pop, indie folk e Lo-fi ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Elliott Smith ![]() |
Tesitura | Tenor ![]() |
Instrumento | Guitarra, voz e piano ![]() |
Selo discográfico | Virgin Records DreamWorks Records Cavity Search Records (en) ![]() Domino Records Caroline Records Kill Rock Stars ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | sweetadeline.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Steven Paul "Elliott" Smith, nado en Omaha (Nebrasca) o 6 de agosto de 1969 e finado en Echo Park (Os Ánxeles, California) o 21 de outubro de 2003, foi un cantante, compositor e multiinstrumentista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Medrou principalmente en Texas, e pasou gran parte da súa vida en Portland, Oregón, onde comezou a conseguir popularidade. O seu instrumento principal foi a guitarra, aínda que tamén tocaba o piano, o clarinete, o baixo, a batería e a harmónica. Smith tiña un estilo vocal peculiar, caracterizado pola súa "entrega susurrante",[1] e adoitaba a usar gravacións multipista para crear capas, texturas e harmonías de voces. Despois de tocar na banda de rock Heatmiser durante varios anos, Smith comezou a súa carreira en solitario en 1994, publicando traballos a través dos selos independentes Cavity Search e Kill Rock Stars. No ano 1997 fichou por DreamWorks Records e publicou dous álbums coa discográfica.[2] A música de Smith chegou ao gran público cando a súa canción "Miss Misery", incluída na banda sonora da película Good Will Hunting (1997), foi nomeada ao Óscar á Mellor canción orixinal en 1998.[3]
Smith bebía e usaba drogas e diagnosticáronlle trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastorno depresivo maior. Os seus problemas coas drogas e a súa saúde mental afectaron á súa vida e ao seu traballo, e adoitaban a aparecer nas súas letras. En 2003, con 34 anos, morreu nos Ánxeles, California, por dúas puñaladas no peito.[4] A autopsia non puido determinar se as feridas foran autoinflixidas ou se se trataba dun homicidio.[5] No momento da súa morte Smith estaba traballando no seu sexto álbum de estudio, From a Basement on the Hill, que foi postumamente rematado e publicado no 2004.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | |
---|---|---|---|
Roman Candle | 1994 | Cavity Search | |
Elliott Smith | 1995 | Kill Rock Stars | |
Either/Or | 1997 | Kill Rock Stars | |
XO | 1998 | DreamWorks Records | |
Figure 8 | 2000 | DreamWorks Records | |
From a Basement on the Hill | 2004 | ANTI-, Domino | completado e rematado tras a súa morte |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elliott Smith - Elliott Smith | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-09-28.
- ↑ "Elliott Smith: Figure 8". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-28.
- ↑ "Today's Candy: Elliott Smith 'Miss Misery'". www.wearetheguard.com. 2012-09-06. Consultado o 2020-09-28.
- ↑ "Rocker's Autopsy Doesn't Rule Out Homicide". The Smoking Gun (en inglés). 2010-07-12. Consultado o 2020-09-28.
- ↑ Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2003-12-31). "Smith Autopsy Inconclusive". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-28.