Ellie Highwood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Inglaterra |
Educación | Universidade de Manchester |
Actividade | |
Ocupación | climatóloga , meteoróloga , profesora universitaria , ecoloxista |
Empregador | Universidade de Reading (2015–) Universidade de Reading (2011–) |
Lingua | Lingua inglesa |
Páxina web | elliehighwood.com |
Ellie Highwood é unha climatóloga inglesa e profesora de física da atmosfera na Universidade de Reading. O seu foco de investigación son as partículas atmosféricas e o clima, en concreto o impacto dos aerosois no cambio climático, e as simulacións con modelos climáticos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física na Universidade de Manchester[1] e estudou para o título de doutora na Universidade de Reading.[Cómpre referencia]
Foi directora do departamento de Física da atmosfera da Universidade de Reading dende 2012 ata 2015.[2][1] Anteriormente fora membro do RMetS Council and Education Committee. O 1 de outubro de 2016 converteuse na 81.ª Presidenta da Real Sociedade Meteorolóxica (RMetS), cargo que desempeñou ata o ano 2018.[3][4]En 2015 asumiu tamén as funcións de Decana para a diversidade e a inclusión na Universidade de Reading,[5][6]compartidas co profesor Simon Chandler-Wilde.
O seu traballo foi discutido en publicacións notables, como The Independent e a BBC.[7][8] Ela mantivo que arrefriar o planeta artificialmente inxectando pequenas partículas reflectoras á atmosfera (como propuxo Paul Crutzen, por exemplo)[9] podería "causar secas e caos climático" nos países pobres,[10][11] aínda que tamén afirmou que sería "prudente" explorar alternativas ao recorte de emisións de carbono que poidan axudar nas próximas décadas".[12][13][14]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- Myhre, Gunnar; Highwood, Eleanor J.; Shine, Keith P.; Stordal, Frode (1998-07-15). "New estimates of radiative forcing due to well mixed greenhouse gases". Geophysical Research Letters (en inglés) 25 (14): 2715–2718. doi:10.1029/98GL01908.
- Highwood, E. J.; Hoskins, B. J. (1998-07). "The tropical tropopause". Quarterly Journal of the Royal Meteorological Society (en inglés) 124 (549): 1579–1604. doi:10.1002/qj.49712454911.
- Highwood, Eleanor J.; Haywood, James M.; Silverstone, Michael D.; Newman, Stuart M.; Taylor, Jonathan P. (2003-09-01). "Radiative properties and direct effect of Saharan dust measured by the C-130 aircraft during Saharan Dust Experiment (SHADE): 2. Terrestrial spectrum". Journal of Geophysical Research (Atmospheres) 108: 8578. ISSN 0148-0227. doi:10.1029/2002JD002552.
- Abel, Steven J.; Haywood, Jim M.; Highwood, Eleanor J.; Li, Jia; Buseck, Peter R. (2003-08). "Evolution of biomass burning aerosol properties from an agricultural fire in southern Africa: SMOKE PROPERTIES FROM BIOMASS BURNING". Geophysical Research Letters (en inglés) 30 (15). doi:10.1029/2003GL017342.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "ORCID". orcid.org. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Professor Eleanor Highwood". University of Reading. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "President and Council". Royal Meteorological Society. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ "New President: Professor Ellie Highwood". Royal Meteorological Society. 14 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2016.
- ↑ "Aerosols and Climate". RMetS (en inglés). Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "ORCID". orcid.org. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "What's the fuss about climate change? Your questions answered". BBC News (en inglés). 2015-11-30. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Plan to avert global warming by cooling planet artificially 'could". The Independent (en inglés). 2014-01-08. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Gwynne Dyer: Geo-engineering is in trouble". The Georgia Straight (en inglés). 2014-01-16. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Plan to avert global warming by cooling planet artificially 'could". The Independent (en inglés). 2014-01-08. Consultado o 2022-04-30. (require rexistro (?)).
- ↑ "China's air pollution leading to more erratic climate for US, say scientists". the Guardian (en inglés). 2014-04-15. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ Connor, Steve. "Plan to avert global warming by cooling planet artificially 'could cause climate chaos'". The Independent. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
“Climate scientists agree that cutting carbon emissions is still necessary to curb the damaging effects of future climate change. However, since such cuts are far from certain to materialise, proponents of geo-engineering research argue that whatever the world decides on its carbon emissions, it would be prudent to explore alternatives that might help us in the decades ahead,” Professor Highwood said.
- ↑ Dyer, Gwynne. "Gwynne Dyer: Geo-engineering is in trouble". The Georgia Straight. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.
- ↑ Kaiman, Jonathan. "China's air pollution leading to more erratic climate for US, say scientists". The Guardian. Consultado o 23 de xaneiro de 2016.