Saltar ao contido

Ellen Schwiers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEllen Schwiers

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata
Szczecin (Reich alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 2019 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Starnberg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Zürich Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaFred Haltiner Editar o valor en Wikidata
FillosKaterina Jacob, Daniel Jacob Editar o valor en Wikidata
PaiLutz Schwiers Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webdas-ensemble.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0777951 Allocine: 9479 Rottentomatoes: celebrity/ellen-schwiers Allmovie: p63977 Editar o valor en Wikidata

Ellen Schwiers-Jacob, nada o 11 de xuño de 1930 en Szczecin e finada o 26 de abril de 2019 en Berg [1][2], foi unha actriz alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ellen Schwiers procedía dunha familia de actores teatrais, seu pai era o actor Lutz Schwiers e durante a súa infancia levou unha vida itinerante. Tras a Segunda guerra mundial a familia instalouse en Hessen. Aprendeu a actuar de seu pai e logo de pasar o exame de interpretación, realizou as súas primeiras actuacións no teatro municipal de Coblenza e mais tamén traballou como apuntadora. O seu primeiro traballo cinematográfico foi en 1949 no filme Heimliches Rendezvous dirixido por Kurt Hoffmann. En 1953 pasou ao cadro do Deutsches Theater Göttingen dirixido por Heinz Hilpert[3]. O seu primeiro papel importante foi a protagonista Minna von Barnhelm oder das Soldatenglück de Lessing [4].

Ellen Schwiers actuou ata 1978 en numerosas películas en papeis de mulleres problemáticas e atraentes, que alteran a vida ordenada das súas parellas: Das Erbe von Björndal (1960), Der letzte Zeuge (1960), Frau Irene Besser (1960) ou Der Satan mit den roten Haaren ( 1964). No teatro tamén actuou en roles semellantes, como a amante en Jedermann (1961/1962, Salzburgo), Lady Macbeth no Macbeth de Shakespeare (1972) ou Lisístrata na obra de Rolf Hochhuth Lysistrata und die NATO (1974, Essen). Actuou nas estreas. Actuou tamén no mítico Schauspielhaus Zürich, participando na estrea de Der Meteor de Dürrenmatt e mais na de Biografie: Ein Spiel de Frisch. Moi relacionada co Burgfestspiele Jagsthausen, no seu marco dirixiu por primeira volta unha peza teatral, Was ihr wollt de Shakespeare e dende 1984 foi a directora do festival.

En 1982 co seu marido Peter Jacob e coa súa filla Katerina Jacob, fundaron o a compañía teatral "Das Ensemble" Jacob Schwiers. Actuou tamén en numerosas producións televisivas, incluídas series populares como Tatort, Der rote Schal ou Doktor Martin[5].

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Abendzeitung Germany (27 de marzo de 2019). "Ellen Schwiers (88) ist tot: Das Tochter Katerina". 
  2. Süddeutsche Zeitung (5 de maio de 2019). "Traueranzeige Ellen Schwiers-Jacob". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 02 de xuño de 2019. 
  3. Andreas Kotte, ed. (2005). "Ellen Schwiers". Theaterlexikon der Schweiz (TLS). Vol. 3. Zürich: Chronos. p. 1664.
  4. "Trauer um Schauspielerin Ellen Schwiers" Arquivado 26 de abril de 2019 en Wayback Machine.. BR, 26 de abril de 2019]
  5. "Im Alter von 88 Jahren / Bekannte Schauspielerin am Starnberger See verstorben". TZ. 26 de abril de 2019.