Elizabeth von Arnim
Elizabeth von Arnim | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Elizabeth e Alice Cholmondeley |
Nacemento | 31 de agosto de 1866 |
Lugar de nacemento | Sydney |
Falecemento | 9 de febreiro de 1941 |
Lugar de falecemento | Charleston, Carolina do Sur |
Causa | Gripe |
Soterrada | Tylers Green |
Nacionalidade | Reino Unido e Reich alemán |
Ocupación | escritora e novelista |
Pai | Henry Herron Beauchamp |
Nai | Elizabeth Weiss Lassetter |
Cónxuxe | Frank Russell, 2nd Earl Russell e Henning Arnim |
Coñecida por | Elizabeth and Her German Garden, Princess Priscilla's Fortnight, Christine e Vera |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elizabeth von Arnim, de solteira Mary Annette Beauchamp, nada en Sidney o 31 de agosto de 1866 (Australia) e finada o 9 de febreiro de 1941 en Charleston (Carolina do Sur), foi unha escritora inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi criada en Inglaterra e aos 24 anos contraeu matrimonio co conde Henning August von Arnim, un aristócrata prusiano. Tras esta unión mudou o seu nome e trasladouse á rexión de Pomerania (Alemaña), onde o seu marido posuía propiedades familiares.
Escribiu un total de vinte e un libros, a maioría dos cales son novelas. A escritura converteuse para a autora nun refuxio do seu matrimonio. O seu marido tiña numerosas débedas e foi encarcerado por fraude. Foi entón cando adoptou o nome de "Elizabeth" e iniciou a súa carreira literaria publicando de xeito anónimo Elizabeth and her German Garden (1898), obra parcialmente autobiográfica. Asemade, editou posteriormente outras obras con matiz autobiográfico, coma The Solitary Summer (1899) e The Benefactress (1902), así coma obras relacionadas con reivindicacións feministas, coma The Princess Priscilla's Fortnight (1905) e Fräulein Schmidt and Mr Anstruther (1907).
Foi moi admirada na súa época e púxose de actualidade en 1993 cando Mike Newell levou ao cine a súa novela The Enchanted April, da que xa se fixera unha adaptación en 1935 (dirixida por Harry Beaumont). Outra obra súa, Mr. Skeffington, serviu de argumento ao filme homónimo dirixido por Vincent Sherman en 1944, con Bette Davis e Claude Rains como protagonistas.
Obra[editar | editar a fonte]
- Elizabeth and Her German Garden (1898)
- The Solitary Summer (1899)
- April Baby's Book of Tunes (1900)
- The Benefactress (1901)
- The Adventures of Elizabeth in Rugen (1904)
- Princess Priscilla's Fortnight (1905)
- Fräulein Schmidt and Mr Anstruther (1907) (novela epistolar)
- The Caravaners (1909)
- The Pastor's Wife (1914)
- Christine (1917) (escrita co pseudónimo de Alice Cholmondeley)
- Christopher and Columbus (1919)
- In the Mountains (1920)
- Vera (1921)
- The Enchanted April (1922)
- Love (1925)
- Introduction to Sally (1926)
- Expiation (1929)
- Father (1931)
- The Jasmine Farm (1934)
- All the Dogs of My Life (autobiográfica) (1936)
- Mr. Skeffington (1940)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Charms, Leslie (pseudónimo da filla de Elizabeth von Arnim, Liebet). Elizabeth of the German Garden. Londres: Heinemann, 1958.
- Jüngling, Kirsten. Elizabeth von Arnim. Frankfurt/M.: Fischer, 1996. ISBN 3-458-33540-4
- Usborne, Karen. Elizabeth von Arnim: eine Biographie. Frankfurt/M.: Fischer, 2003. ISBN 3-89561-600-1
- Roiphe, Katie. Uncommon Arrangements, Seven Portraits of Married Life in London Literary Circles 1910-1939. The Dial Press, 2007. ISBN 0-385-33937-2