Elizabeth May
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Emay_photo.jpg/220px-Emay_photo.jpg)
Elizabeth May, nada en Harford o 9 de xuño de 1954, é unha avogada, escritora e política canadense, líder do Partido Verde do Canadá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nos Estados Unidos, no seu dunha familia acomodada. Súa nai era unha prominente militante antinuclear e seu pai era un alto executivo de Aetna A súa familia instaluse na illa de Cabo Bretón en 1972.
Licenciouse en dereito na Dalhousie Law School en 1983. Exerceu de avogada e foi conselleira de Tom McMillan, ministro de Medio Ambiente no goberno de Brian Mulroney, e directora executiva do Sierra Club do Canadá entre 1989 e 2006.
Anglicana practicante, comezou a estudar teoloxía en 2004 na Universidade de San Paulo de Ottawa coa intención de se ordenar sacerdote pero que abandonou por falta de tempo.[1]
En maio de 2006 o Partido Verde do Canadá elixiuna a súa líder co 65% dos votos.[2] Nas eleccións federais de 2008 presentouse como candidata na circunscrición de Central Nova, logrando o 32% dos votos, tras do candidato conservador Peter MacKay (46 %).
Nas eleccións federais de 2011 resultou elixida deputada pola circunscrición de Saanich-Gulf Islands, na illa de Vancouver, derrotando ao ministro conservador Gary Lunn. A súa vitoria significou a primeira elección dun membro do Partido Verde no Parlamento Canadense.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Paradise Won : The Struggle For South Moresby, 1990, McClelland & Stewart (ISBN 0-7710-5772-5)
- Frederick Street : Life and Death on Canada's Love Canal (avec Maude Barlow), 2000, HarperCollins Publishers (ISBN 0-00-200036-9)
- At the Cutting Edge : The Crisis in Canada's Forests, 2005, Key Porter Books (ISBN 1-55263-645-3)
- How to Save the World in Your Spare Time, 2006, Key Porter Books (ISBN 1-55263-781-6)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An activist, an Anglican, a political leader", Anglican Journal, 2 de agosto de 2013
- ↑ "Elizabeth May prend la tête du Parti vert". archive.wikiwix.com. Consultado o 2021-05-09.
- ↑ Les Canadiens élisent un premier député vert, Radio Canada, 3 de maio de 2011