Elizabeth Fox-Genovese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elizabeth Fox-Genovese
Nacemento28 de maio de 1941
 Boston
Falecemento2 de xaneiro de 2007
 Atlanta
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Harvard, Bryn Mawr College e Instituto de Estudos Políticos de París
Ocupaciónhistoriadora
CónxuxeEugene Genovese
PremiosMedalha Nacional de Humanidades
editar datos en Wikidata ]

Elizabeth Fox-Genovese, nada o 28 de maio de 1941 e finada o 2 de xaneiro de 2007, foi unha feminista e historiadora estadounidense particularmente coñecida polos seus libros sobre as mulleres do Antebellum no sur dos Estados Unidos. Foi a voceira principal do movemento de mulleres conservadoras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Edward Whiting Fox, profesor da Universidade Cornell especialista na historia de Europa moderna, Fox-Genovese estudou no Institut d'Etudes Politiques de Paris en Francia e máis tarde no Bryn Mawr College onde recibiu un B.A. e na Universidade Harvard onde obtivo a súa M.A. e PhD en Historia. Foi profesora de Historia na Emory University, onde tamén ensinou humanidades, e foi a directora fundadora do Instituto de Estudos da Muller. No Instituto, empezou o primeiro programa doutoral de Estudos da Muller dos Estados Unidos e persoalmente dirixiu trinta e dúas disertacións doutorais. No 2003, George W. Bush outorgoulle unha condecoración, a National Humanities Medal.[1] Estaba casada co historiador Eugene D. Genovese, con quen colaboraba en certas ocasións.

En 1995, Fox-Genovese converteuse publicamente, xunto ao seu marido, ó catolicismo, en parte debido ó orgullo e egocentrismo que ela afirmaba vira nos académicos seculares.[2][3] Algúns consideraban que a súa reputación como feminista estaba en xogo pola súa conversión, pero ela aseguraba que a súa conversión era "totalmente consistente" e escribiu: "A miña experiencia co feminismo radical e de clase alta, só fortaleceu a miña crecente desconfianza no orgullo individual".

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]