Elizabeth Arden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizabeth Arden
Nome completoFlorence Nightingale Graham
Nacemento31 de decembro de 1878, 31 de decembro de 1884 e 31 de decembro de 1881
Lugar de nacementoWoodbridge
Falecemento18 de outubro de 1966
Lugar de falecementoNova York
SoterradaCemitério de Sleepy Hollow
NacionalidadeEstados Unidos de América e Canadá
Ocupaciónempresaria, cosmetologist e emprendedora
CónxuxeMichael Evlanoff
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
IBDB: 107219
Discogs: 2392520 WikiTree: Graham-33883 Find a Grave: 8002618 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arden naceu na noitevella de 1881 en Woodbridge, Ontario. Os seus pais emigraran ao Canadá dende Cornualla na década de 1870. O seu pai, William Graham, era escocés, e a súa nai, Susan (Tadd), era córnica e lograra dunha tía rica de Cornualla que pagase a educación dos seus fillos.[1] Arden abandonou a escola de enfermaría de Toronto.[2][3]

Uniuse entón ao seu irmán máis vello en Manhattan, traballando como contable para a compañía farmacéutica E. R. Squibb. Mentres estaba alí, Arden pasaba horas no laboratorio, aprendendo sobre coidado da pel. Entón traballou (tamén brevemente) para Eleanor Adair como "moza de tratamento". Nos salóns e nas campañas de mercadotecnia, Elizabeth Arden insistiu en ensinar ás mulleres como aplicarse maquillaxe e foi pioneira en conceptos como a formulación científica dos cosméticos.

Arden foi unha dedicada sufraxista, e dise que participou en marchas polos dereitos das mulleres en 1912. É unha ficción popular que proporcionou ás mulleres da marcha barras vermellas para os beizos como sinal de solidariedade,[4][5] mais existen poucas evidencias contemporáneas que apoien a hsitoria.[6] As mulleres que particparon na marcha de 1912 foron aconselladas que levasen o mesmo sombreiro de palla de sete dólares, vestir de branco e levar os seus fillos como proba de responsabilidade e simplicidade. Nunca se mencionou o uso de cosméticos, o que non é sorprendente, xa que os beizos pintados de vermello estaban aínda relacionados de xeito sórdido co teatro. Mesmo en 1920 a propia Arden falaba de xeito despectivo do "po e do colorete... tan obvios no seu artificio que o seu uso pode considerarse de gusto cuestionable".[7]

Pegadas de Elizabeth Arden
Tumba de Elizabeth Arden en Sleepy Hollow Cemetery

En 1909, Arden asociouse con Elizabeth Hubbard. A relación de negocios disolveuse en 1910.[8] Graham, que desexaba un nome de marca empregou "Elizabeth" para aforrar cartos nos letreiros dos salóns. O apelido "Arden" adoptouno dunha granxa próxima. Deste xeito formou a marca "Elizabeth Arden".[5] A partir de aí, Arden fundou en 1910 o salón Red Door de Nova York.

En 1912, Arden viaxou a Francia para aprender técnicas de beleza e masaxe facial que se utilizaban nos salóns de beleza de París. Volveu cunha colección de coloretes e pos que creara. Comezou a expandir as operacións internacionais en 1915 e empezou a abril salóns por todo o mundo. En 1934, abriu o spa residencial Maine Chance en Rome, Maine, primeiro spa de beleza nos Estados Unidos, que funiconou ata 1970.[9]

En 1962, o goberno francés entregou a Arden a Lexión de Honra en recoñecemento das súas constribucións á industria cosmética.[10]

Arden faleceu no Hospital Lenox Hill en Manhattan o 18 de outubro de 1966. Foi enterrada no cemiterio de Sleepy Hollow, Nova York, baixo o nome de Elizabeth N. Graham.[11][12]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O musical War Paint dramatiza a súa rivalidade con Helena Rubinstein. Tras unha estrea de éxito no Goodman Theater de Chicago, o espectáculo debutou en Broadway no Nederlander Theatre o 6 de abril de 2017 e recibiu catro candidaturas aos premios Tony, incluída a de mellor actriz para a interpretación de Christine Ebersole como Arden e para Patti Lupone por interpretar a súa rival, Rubinstein.[13] Cancelouse o 5 de novembro de 2017.[14]

Elizabeth Arden aparece como a estudante de enfermaría Florence Nightingale Graham no episodio 2 da 12.ª temporada do drama de época da CBC Murdoch Mysteries, emitido o 1 de outubro de 2018. Arden foi interpretada por Kathryn Alexandre.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sawyers, June Skinner (1966). Famous Firsts of Scottish-Americans. Pelican Publishing, p. 11.
  2. Davidson, Hilary. Frommer's Guide to Toronto 2004. p. 262. ISBN 0-7645-4060-2.
  3. https://www.encyclopedia.com/women/encyclopedias-almanacs-transcripts-and-maps/arden-elizabeth-1878-1966
  4. "Elizabeth Arden - Entrepreneur - Biography". www.biography.com. Consultado o 2020-10-18. 
  5. 5,0 5,1 Lewis, Jone Johnson (2015). "ThoughtCo". Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  6. www.portfoliobox.net. "Elizabeth Arden and the Case of the Missing Lipstick". Catherine Buckland (en inglés). Consultado o 2021-05-18. 
  7. Arden, Elizabeth (1920). The Quest for the Beautiful. p. 4. 
  8. "BUSINESS TROUBLES". New York Times. 16 de agosto de 1910. 
  9. McMillan, Susan (13 de xuño de 2014). "Former Elizabeth Arden estate on Long Pond for sale". Kennebec Journal (Augusta, Maine). Consultado o 13 de xñuo de 2014. 
  10. "Who Was Elizabeth Arden?". ThoughtCo. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  11. "The Original Beauty Queen: The Story of Elizabeth Arden". Hanna (en inglés). 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  12. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3.ª ed.: 2 (Kindle Locations 1480-1481). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  13. "Tony Awards 2018 - Broadway.com". www.broadway.com. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  14. Libbey, Peter (13 de outubro de 2017). "LuPone Surgery Forces 'War Paint' to Announce Early Closing". The New York Times. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  15. "Operation Murdoch". Consultado o 4 de outubro de 2018 – vía www.imdb.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]