Elisabetta Dami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elisabetta Dami
AlcumeGeronimo Stilton
Nacemento1958
Lugar de nacementoMilán
NacionalidadeItalia
Ocupaciónescritora de literatura infantil e escritora
Coñecida porGeronimo Stilton
Na rede
https://www.elisabettadami.com/ e http://www.geronimostilton.be
IMDB: nm4819505 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elisabetta Dami, nada en Milán en 1958 é unha escritora italiana de literatura infantil célebre pola creación da personaxe Geronimo Stilton.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dami é filla do editor Piero Dami, que fundou Dami Editore en 1972. Aos trece anos comezou no mundo das publicacións como correctora no negocio familiar e aos trece anos escribiu os seus primeiros relatos curtos.

A súa experiencia como voluntaria con nenos enfermos deulle a idea de escribir historias de aventuras cun rato chamado Geronimo Stilton como protagonista. Estas historias convertéronse nunha sensación editorial en Italia e internacionalmente.[1]

Durante un tempo traballei como voluntaria nun hospital, e foi aí, case por casualidade, que inventei a Geronimo Stilton … Era no tempo en que Patch Adams ensinou ao mundo que os nenos precisaban rir para poñerse mellor. Así que comecei a crear historias divertidas en que o protagonista era un torpe rato chamado Geronimo Stilton. El víase envolto en toda caste de aventuras entretidas, cheas de acontecementos divertidos e xiros na trama, que os nenos atoparon realmente emocionantes.[2]

Dende entón, as historias de Geronimo Stilton foron traducidas a 49 linguas[3] e venderon máis de 161 millóns de exemplares en todo o mundo.[4]

Activismo[editar | editar a fonte]

Dami apoia organizacións non gobernamentais e asociacións con doazóns e proxectos creativos para dar a coñecer as súas actividades e os asuntos nos que están involucradas.[5]

Elisabetta Dami forma parte da dirección nacional de WWF Italia,[6] é embaixadora de Antoniano Onlus e Zecchino d'Oro, e está no consello permanente de Terre des hommes.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Amante da aventura, obtivo as licenzas de piloto e paracaidista aos vinte anos, e con vinte e tres viaxou arredor do mundo pola súa conta e completou un célebre curso de supervivencia na Outward Bound School de Maine, nos Estados Unidos.[8] Outras aventuras de Dami inclúen tomar parte nun rally polo deserto do Sáhara e cruzar África de norte a sur en todo terreo, participou nun ultramaratón de 100 km polo Sáhara e correu tres veces o maratón de Nova York (2002, 2003 e 2017).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ELISABETTA DAMI - la Repubblica.it". repubblica.it (en italiano). 
  2. "The biography of Elisabetta Dami". www.elisabettadamionlus.org. Arquivado dende o orixinal o 10-09-2018. Consultado o 13-10-2017. 
  3. "Geronimo Stilton addestra draghi. E le prossime storie le scrivete voi". Corriere.it (en italiano). 
  4. "Il mio topo non teme le emozioni Il suo segreto è la resilienza". iltempodelledonne.corriere.it (en italiano). 
  5. "Who we are and what do we do". elisabettadamionlus.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  6. "Elisabetta Dami da Geronimo Stilton al Wwf". IlGiorno.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  7. "Board Terre des Hommes Italia ONLUS". terredeshommes.it. 
  8. "The biography of Elisabetta Dami". elisabettadamionlus.org. Arquivado dende o orixinal o 10-09-2018. Consultado o 13-10-2017. 
  9. "Elisabetta Dami". IMDb.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Elisabetta Dami. Fòrum IMPULSA 2012" son-video (4 de xullo de 2012) en youtube; vimeo
  • Elisabetta Dami (11 de decembro de 2010) en la Repubblica