Elisabeth Vrba
(2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1942 ![]() Hamburgo, Alemaña ![]() |
Morte | 5 de febreiro de 2025 ![]() New Haven, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Cidade do Cabo - zooloxía, paleontoloxía (–1974) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía, zooloxía e teoría da evolución ![]() |
Ocupación | paleontóloga, zoóloga, profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade Yale ![]() |
Premios | |
Elisabeth S. Vrba, nada en Hamburgo o 27 de maio de 1942 e finada en New Haven (Connecticut) o 5 de febreiro de 2025, foi unha paleontóloga estadounidense da Universidade Yale que desenvolveu a hipótese do pulso de renovación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vrba naceu en Hamburgo, Alemaña. En 1944, despois da morte de seu pai, mudouse coa súa familia a unha granxa ovina en Namibia.[1] Obtivo o seu doutoramento en zooloxía e paleontoloxía na Universidade de Cidade do Cabo, en 1974. Estudou zooloxía e estatística matemática na Universidade de Cidade do Cabo, na que se graduou. Permaneceu alí para realizar os seus estudos de doutoramento en zooloxía e paleontoloxía e alí obtivo o seu título de doutora. Despois de obter o seu doutoramento, levou a cabo a súa investigación inicial sobre o rexistro fósil dos mamíferos africanos dos últimos millóns de anos, seguindo as secuencias de fósiles mediante a análise da súa morfoloxía e dos estratos xeolóxicos.[2] Era a axudante en xefe de Charles Kimberlin Brain mentres foi director do Museo Transvaal.
Vrba foi nomeada profesora do Departamento de Xeoloxía e Xeofísica da Universidade Yale en 1986 e xubilouse en 2014.[1] É ben coñecida por desenvolver a hipótese dos pulsos de renovación así como por acuñar o termo exaptación xunto con Stephen Jay Gould. O seu interese específico estaba na familia Bovidae (antílopes, etc.), mais os seus discípulos estudaron un largo abano de especies. Vrba morreu en New Haven, Connecticut, o 5 de febreiro de 2025 á idade de 82 anos.[3]
Contribucións científicas
[editar | editar a fonte]Vrba e o seu colega Stephen Jay Gould son coñecidos por propor o termo exaptación. A investigación de Vrba e Gould suxeriu que a orixe histórica dun trazo xenético ou morfolóxico non reflicte sempre a súa función contemporánea —xénese e función actual non sempre van emparellados. As adaptacións xenéticas ou morfolóxicas poden asumir novas funcións e pódenlle servir a unha especie para un propósito diferente na súa evolución futura. Gould Morreu en 2002[4], mais o novo termo foi largamente citado na literatura de divulgación científica nos anos posteriores.[5][6] Porén, o concepto de exaptación foi tamén criticado nos últimos anos por estudosos que afirman que os trazos xenéticos son influídos por múltiplos factores, facendo difícil distinguir adaptación e exaptación.[7]
Vrba formulou tamén a hipótese do pulso de renovación, unha adición significativa á teoría macroevolutiva.
Publicacións seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Gould, S. J. and E. S. Vrba. (1982). "Exaptation—a missing term in the science of form." Paleobiology 8: 4-15.
- Katherine MacInnes. "Evolving Vocabulary: the rise and fall of 'exaptation'" International Innovation, September 18, 2015, https://web.archive.org/web/20160825224345/http://www.internationalinnovation.com/evolving-vocabulary-the-rise-and-fall-of-exaptation/.
- Lewis, R. "Surveying the Genomic Landscape of Modern Mammals," DNA Science Blog, January 29, 2015. http://blogs.plos.org/dnascience/2015/01/29/probing-genomic-landscape-modern-mammals/. Arquivado 2018-01-08 en Wayback Machine.
- Michael Garfield. "Exaptation of the Guitar" Guitar International, September 17, 2010, https://web.archive.org/web/20130622042448/http://guitarinternational.com/2010/09/17/exaptation-of-the-guitar/.
- Rozzi, Roberto. "Elisabeth Vrba | TrowelBlazers." trowelblazers.com. 2014. Accessed October 17, 2015. http://trowelblazers.com/elisabeth-vrba/.
- Shapiro, J. "More Evidence on the Real Nature of Evolutionary DNA Change," Huffington Post, The Blog, June 1, 2012. http://www.huffingtonpost.com/james-a-shapiro/more-evidence-on-the-real_b_1158228.html.
- Shell, E. R. (1999). "Waves of Creation." Discover 14 (May): 54-61.
- Vrba, E. S. and Gould, S. J. (1986). "The hierarchical expansion of sorting and selection." Paleobiology. 12 (2): 217-228. doi 10.1017/S0094837300013671
- Vrba, E. S. (1993). "The Pulse That Produced Us." Natural History 102 (5) 47-51.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Eldredge, Niles (25 de marzo de 2025). "Elisabeth Vrba obituary: palaeontologist who solved a problem that vexed Darwin". Nature (en inglés) 639: 570–570. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/d41586-025-00778-w.
- ↑ Oakes, Elizabeth H. (2002). International encyclopedia of women scientists. Facts on File. ISBN 0816043817. OCLC 45835614. Consultado o registration.
- ↑ "Obituary: Elisabeth Vrba, the musketeer of macroevolution". 15 de febreiro de 2025. Consultado o 17 de febreiro de 2025.
- ↑ "Remembering Stephen Jay Gould". Natural History Magazine (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Surveying the Genomic Landscape of Modern Mammals" (en inglés). 29 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ "More Evidence on the Real Nature of Evolutionary DNA Change". Huffington Post (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Thank you - International Innovation" (en inglés). 25 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.