Elisabeth Nobiling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elisabeth Nobiling
Nacemento9 de decembro de 1902
Lugar de nacementoSão Vicente
Falecemento5 de maio de 1975
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónescultora, ceramista e profesora universitaria
editar datos en Wikidata ]
A Torre do relógio da Cidade Universitária Armando de Salles Oliveira é obra de Nobiling.

Olga Elisabeth Magda Henriette Nobiling nada o 9 de decembro de 1902 en São Vicente e finada o 5 de maio de 1975 en São Paulo, foi unha escultora, ceramista e gravadora brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou con Edwin Scharff e Klipech en Alemaña antes de regresar ao Brasil en 1934. Alí traballou con Victor Brecheret e incorporouse ao Grupo dos Sete.

A finais da década de 1940 foi profesora no Museu de Arte Moderna do Río de Xaneiro. En 1953 foi profesora na Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de São Paulo. [1]

Participou na primeira e segunda Bienais de São Paulo en 1951 e 1953. [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elisabeth Nobiling. In: Enciclopédia Itaú Cultural de Arte e Cultura Brasileiras. São Paulo: Instituto Cultural Itaú, 2020. ISBN 978-85-7979-060-7
  2. Paulo, Bienal São. "Arquivo Bienal". arquivo.bienal.org.br. Consultado o 2022-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Perracini Milani, Fernanda (1982). Obra escultórica de Elisabeth Nobiling (1930-1950) (en portugués). São Paulo: USP-FAU.