Elisa Sainz de Murieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisa Sainz de Murieta
Nome completoElisa Sainz de Murieta
Nacemento1977
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónpolítica e xeóloga
editar datos en Wikidata ]

Elisa Sainz de Murieta Zugadi, nada en Bilbao en 1977, é unha política vasca que foi directora de Biodiversidade e Participación Ambiental do Departamento de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do Goberno Vasco dende xullo de 2005 até as eleccións de 2009.[1] É doutora en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade do País Vasco. Traballa en temas relacionados co cambio climático.[2]

Membro de Eusko Alkartasuna, formou parte da Mesa Nacional da formación e dende decembro de 2007 até xuño de 2009 foi secretaria de organización con Unai Ziarreta como presidente. Foi secretaria de organización de Gazte Abertzaleak e presidenta da mesa da súa asemblea nacional, entre outras responsabilidades.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOPV - Nombramiento como Directora de Biodiversidad y Participación Ambiental: http://www.euskadi.net/bopv2/datos/2005/07/0504029a.pdf
  2. Research Gate: http://www.researchgate.net/profile/Elisa_Sainz_de_Murieta/
  3. "Ficha en Eusko Alkartasuna". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2008. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  4. Blog de Elisa Sainz de Murieta