Elisa Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisa Garrido
Nome orixinal(es) Elisa Garrido Gracia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1909 Editar o valor em Wikidata
Magallón, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa mañica
Françoise Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , serventa Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios

Elisa Garrido Gracia, coñecida como La mañica ou Françoise, nada en Magallón, Zaragoza, o 14 de xuño de 1909 e finada en 1990, foi unha militante antifascista libertaria española.

Membro da Confederación Nacional de Traballadores (CNT), loitou contra o bando sublevado na Guerra Civil Española e contra as tropas alemás en Francia na segunda guerra mundial. Pasou por varias prisións e tres campos de concentración nazis, sufrindo todo tipo de malos tratos e torturas. Ptovocou a explosión que inutilizou a fábrica nazi de obuses do Comando Hafag, a onde os alemáns a enviaran como escrava de guerra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade zaragozana de Magallón, sendo filla de dous militantes anarquistas, membros da CNT. Emigrou a Barcelona onde coñeceu a Marino Ruiz de Angulo co quen formou parella. Despois do Golpe de Estado contra a Segunda República o 18 de xullo de 1936 e o inicio da guerra civil española, Garrido mobilizouse como miliciana, entrando no cuartel de Ausias March en Barcelona desde onde partiu cara á fronte de Aragón.[2]

Despois da caída da República, exiliouse en Francia instalándose coa súa parella na cidade de Tolosa e uníndose aos grupos clandestinos da CNT de axuda aos exiliados. Despois da invasión alemá de Francia, ambos colaboraron coa Resistencia francesa, dentro do grupo de fuga organizado por Francisco Ponzán, facendo labores de correo de guerra e de enlace no departamento dos Altos Alpes. Foi alí onde comezou a ser coñecida polos seus dous alcumes de La mañica e Françoise.[3]

En outubro de 1943, foi detida en Tolosa pola Gestapo, que a vixiaba por ser ela quen levaba a comida ao cárcere a diario a Francisco Ponzán e por ser presumiblemente o seu correo principal. A Gestapo interrogouna aplicando diferentes métodos de tortura co fin de obter información sobre a organización da resistencia. Garrido gardou silencio e foi mantida nunha cela incomunicada durante tres semanas. Trasladárona á prisión de Saint Michel, de alí á de París e logo a Compiègne. O 30 de xaneiro de 1944 foi trasladada cara ao campo de concentración de Ravensbrück, onde foi internada o 3 de febreiro, sendo rexistrada co número 27219. En setembro dese mesmo ano, foi trasladada ao kommando Hasag, dependente do campo de Buchenwald en Leipzig, onde traballou como escrava de guerra na fábrica de obuses en condicións infrahumanas. Garrido realizou diversas operacións de sabotaxe que chegaron a paralizar a planta e voala en parte.[4]

Regresou a Ravensbrück onde foi ingresada no pavillón 28, onde adoitaban meter aos que ían executar. Realizou traballos de descarga de vagóns de carbón e patacas ata que, tras unha malleira por parte dos gardas, foi ingresada cun brazo roto. Pouco despois entrou nun intercambio de prisioneiros organizado pola Cruz Vermella, foi trasladada a Frankfurt e, desde alí, a Dinamarca para ir a Suecia e ser liberada en Estocolmo. Finalmente, foi trasladada a París onde permaneceu ata os anos cincuenta.

Regresou a España coa súa parella, Marino, e instaláronse durante un tempo na localidade de Cortes de Navarra, onde rexentou unha peixería, mentres que el traballou como taxista. Tempo despois decidiron regresar a Francia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Estado francés recoñeceu o seu traballo durante a segunda guerra mundial, provocando a explosión dunha fábrica de obuses alemáns, e concedeulle a Lexión de Honra e o grado honorífico de tenente da Resistencia francesa.[1]

O 29 de xuño de 2019, o Concello de Magallón puxo o nome de Elisa Garrido a unha rúa do pobo.[5] Uns meses despois, en novembro do mesmo ano, a Asociación de Familiares y Amigos de los Asesinados y Enterrados en Magallón (AFAAEM) e o concello de Magallón, coa colaboración da Deputación de Zaragoza e as Cortes de Aragón, realizáronlle unha homenaxe, onde se levou a cabo un coloquio cos xornalistas Ramón Lobo, Conchi Cejudo, Pilar Barranco e Gonzalo Barroso, e a actuación musical de Rozalén.[3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bayona, Eduardo (8 de novembro de 2019). "Elisa Garrido, la libertaria que voló una fábrica nazi de bombas" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  2. "Garrido Gracia, Elisa (Mañica)". aragonesesdeportados.org (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Rozalén participará en Magallón en un homenaje a Elisa Garrido, la luchadora contra los nazis" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  4. Bayona, Eduardo (12 de outubro de 2018). "Elisa, 'la mañica' que voló una fábrica de obuses nazi" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  5. "Magallón rinde homenaje a la figura de Elisa Garrido, nacida en el pueblo" (en castelán). 5 de xullo de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  6. "Magallón homenajea de nuevo a su heroína contra los nazis, Elisa Garrido" (en castelán). 8 de novembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]