Saltar ao contido

Elias Magnus Fries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElias Magnus Fries

(década de 1860) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1794 Editar o valor en Wikidata
Femsjö Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1878 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Parroquia da Catedral de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Uppsala, Kvarter: 03 Gravplats: 0185, 0103 0185 (1878–) 59°51′22″N 17°37′36″L / 59.85605, 17.626687 Editar o valor en Wikidata
Emérito Universidade de Uppsala
1859 
Profesor emérito
1859 
Reitor Universidade de Uppsala
1853 – 1854
4º Asento 14 da Academia Sueca
2 de decembro de 1847 – 8 de febreiro de 1878
 Erik Gustaf GeijerCarl Rupert Nyblom 
Catedrático Universidade de Uppsala
1834 
Catedrático Universidade de Lund
1824 
Profesor universitario Universidade de Lund
1819 – 1824 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Lund (1811–)
Escola Catedralicia de Växjö Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, micoloxía, alga, Espermatófita e fento Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, profesor universitario, coleccionista de plantas, micólogo, pteridólogo, briólogo, coleccionista científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala, emérito (1859–)
Xardín Botánico da Universidade de Uppsala, xerente (1851–)
Universidade de Uppsala, catedrático (1834–1859)
Universidade de Lund, docente (1814–1834) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosNils Conrad Kindberg e Carl Johan Johansson Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMatts Adolf Lindblad Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaFr. Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosTheodor Magnus Fries, Elias Petrus Fries, Robert Fries, Sanna Christina Fries Editar o valor en Wikidata
PaiTheodor Fries Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фрис Элиас Магнус)
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Swedish Literature Bank (en) Traducir, lang: lingua sueca Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 128189 BNE: XX1275044 WikiTree: Fries-611 Find a Grave: 213990699 Editar o valor en Wikidata
Elias Fries de vello.
Edificación que contén información histórica sobre Elias Fries en Femsjö.

Elias Magnus Fries (nado o 15 de agosto de 1794 – finado o 8 de febreiro de 1878) foi un micólogo e botánico sueco. Ás veces foi denominado "o Linné da Micoloxía".[1] Nos seus traballos describiu e asignou nomes botánicos a centos de especies de fungos e liques, moitas das cales seguen levando a súa autoría hoxe.

Fries naceu en Femsjö (municipalidade de Hylte), Småland, fillo do pastor eclesiástico desa localidade.[2] Asistiu á escola en Växjö.

Adquiriu un amplo coñecemento das plantas con flor do seu pai.[3] En 1811 Fries estudou na Universidade de Lund[3] baixo Carl Adolph Agardh e Anders Jahan Retzius.[4] Obtivo o seu doutoramento en 1814. Ese mesmo ano foi nomeado profesor asociado en botánica. Fries editou varias series de exsiccata (herbario publicado con etiquetas de coleccións de espécimes secos), empezando a primeira en 1818 co título Lichenes Sveciae exsiccati, curante Elia Fries[5] e o último, publicado xunto con Franz Joseph Lagger, co título Hieracia europaea exsiccata.[6] Foi elixido membro da Real Academia Sueca das Ciencias, e en 1824, converteuse en profesor titular. En 1834 converteuse en titular da cátedra Borgström[3] (en sueco Borgströmianska professuren, unha cátedra financiada por Erik Eriksson Borgström, 1708–1770) en economía aplicada na Universidade de Uppsala. Ese posto foi cambiado a "profesor de botánica e economía aplicada" en 1851. Foi elixido Membro Honorario Estranxeiro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1849.[7] Ese ano foi tamén nomeado director do Xardín Botánico da Univerwsidade de Uppsala. En 1853, converteuse en reitor da Universidade.[8]

As obras máis importantes de Fries foron o Systema mycologicum (1821–1832) de tes volumes, Elenchus fungorum (1828), Monographia hymenomycetum Sueciae (1857 e 1863) de dous volumes e Hymenomycetes Europaei (1874).[9]

Fries considérase, despois de Christiaan Hendrik Persoon, un dos pais fundadores da moderna taxonomía de cogomelos. A súa taxonomía de cogomelos estivo influenciada por Goethe e os románticos alemáns. Utilizou a cor das esporas e a disposición do himenóforo (poros, láminas, dentes etc.) como características taxonómicas principais.[10][11] Foi un dos auores máis prolíficos de novas especies de fungos, e describiu formalmente 3210 especies ao longo da súa carreira.[12]

Fries morreu en Uppsala o 8 de febreiro de 1878.[13] Cando finou, o xornal The Times comentou: "Os seus numerosos traballos, especialmente sobre fungos e liques, déronlle unha posición en canto a ese grupo de plantas só comparable coa de Linné."[14] A Fries sucedeuno no posto da cátedra Borgström (de 1859 a 1876) Johan Erhard Areschoug,[15] despois do cal ocupou a cátedra Theodor Magnus Fries, fillo de Elias (de 1877 a 1899).[16]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Monographia Pyrenomycetum Sueciae (1816)
  • Systema Mycologicum (1821)
  • Systema Orbis Vegetabilis (1825)
  • Elenchus Fungorem (1828)
  • Lichenographia Europaea Reformata (1831)
  • Epicrisis Systematis Mycologici: seu synopsis hymenomycetum (1838)

Referencia botánica

[editar | editar a fonte]

A abreviación Fr. úsase para indicar a súa autoría cando se cita un nome botánico.[17]

A súa esposa foi Christina Wieslander (1808–1862), coa cal tivo nove fillos. O seu fillo Theodor Magnus Fries foi botánico e liquenólogo, e foi titular da cátedra Borgström, igual que seu pai, e outro fillo, Oscar Robert Fries, fíxose médico en Gotemburgo e tamén tiña interese na micoloxía.[18] Os fillos de Theodor "Thore" Magnus chamados Thore Christian Elias Fries e Robert Elias Fries tamén foron botánicos.[19]

  1. Bevan, R.J. (1981). "Aspects of mycological history". Bulletin of the British Mycological Society 15: 20–25. doi:10.1016/S0007-1528(81)80003-X.
  2. "Fries, Elias Magnus". Nordisk Familjebok (en sueco) 8 (2 ed.). 1908. pp. 1393–1397. Consultado o 3 de setembro de 2010.
  3. 1 2 3 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Fries, Elias Magnus". Encyclopædia Britannica 11 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 229.
  4. "Elias Magnus Fries". Nature 17 (435): 343. 1878. Bibcode:1878Natur..17Q.343.. doi:10.1038/017343a0.
  5. "Lichenes Sveciae exsiccati, curante Elia Fries: IndExs ExsiccataID=155274629". IndExs – Index of Exsiccatae. Botanische Staatssammlung München. Consultado o 28 e maio de 2024.
  6. "Hieracia europaea exsiccata: IndExs ExsiccataID=838092032". IndExs – Index of Exsiccatae. Botanische Staatssammlung München. Consultado o 28 de maio de 2024.
  7. "Book of Members, 1780–2010: Chapter F" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 15 de setembro de 2016.
  8. Rines, George Edwin, ed. (1920). "Fries, Elias Magnus" . Encyclopedia Americana.
  9. Gulden, Gro; Eckblad, Finn-Egil (2007). "Elias Magnus Fries". En Henriksen, Petter. Store norske leksikon (en noruegués). Oslo: Kunnskapsforlaget. Consultado o 27 de marzo de 2009.
  10. "Elias Magnus Fries (1794–1878) – a brief biography". First Nature. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015.
  11. "Elias Magnus Fries". Encyclopedia.com. 2018-05-18.
  12. Lücking, Robert (2020). "Three challenges to contemporaneous taxonomy from a licheno-mycological perspective" (PDF). Megataxa 1 (1): 78–103 [85]. doi:10.11646/megataxa.1.1.16.
  13. Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. xullo de 2006. ISBN 0-902-198-84-X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro 2013. Consultado o 14 de xuño 2016.
  14. The Times, xoves, 21 de febreiro de 1878; p. 6; número 29184; col. C
  15. Areschoug, John Erhard in Herman Hofberg, Frithiof Heurlin, Viktor Millqvist, Olof Rubenson, 1906, Svenskt biografiskt handlexikon, Albert Bonniers Förlag, Stockholm, pp. 42–43. (en sueco)
  16. Fries, Teodor (Thore) Magnus in Herman Hofberg, Frithiof Heurlin, Viktor Millqvist, Olof Rubenson, 1906, Svenskt biografiskt handlexikon, Albert Bonniers Förlag, Stockholm, pp. 361–362. (In Swedish)
  17. International Plant Names Index Fr.
  18. Petersen, Ronald H.; Knudsen, Henning (2015). "The mycological legacy of Elias Magnus Fries". IMA Fungus 6 (1): 99–114. PMC 4500089. PMID 26203415. doi:10.5598/imafungus.2015.06.01.04.
  19. Anders Backlund (2006-02-03). "The Fries Family of Botanists". Uppsala University. Arquivado dende o orixinal o 2007-12-09. Consultado o 2008-05-06.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]