Elias Gottlob Haussmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElias Gottlob Haussmann
Biografía
Nacemento1695 Editar o valor em Wikidata
Gera Editar o valor em Wikidata
Morte11 de abril de 1774 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dresden
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4591e0eb-aa1d-4ae3-b4e7-50abeb873915 Discogs: 2263424 Editar o valor em Wikidata
Retrato ao óleo de Gottfried Reiche realizado en 1726.
Gottschedin, pintura ao óleo c. 1750.
Christian d. J. Weisius, Archdeaconn. Gravado de 1743.

Elias Gottlob Haussmann, tamén escrito Haußmann ou Hausmann, nado en Gera en 1695 e finado en Leipzig o 11 de abril de 1774, foi un pintor alemán do Barroco tardío. Haussmann serviu como pintor da corte de Dresde, e denede 1720 foi o retratista oficial en Leipzig. É coñecido principalmente polo seu retrato de Johann Sebastian Bach, que foi pintado en 1746.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haussmann foi o primeiro alumno de seu pai, Elias Haussmann (1663-1733), que era pintor da Corte de Hesse. Haussmann estivo ao servizo real de Hesse, como se menciona en setembro de 1717 nunha carta de recomendación do Príncipe Ernst Ludwig de Hesse-Darmstadt como "noso fillo do pintor da corte".[1] O príncipe permitiulle realizar unha viaxe de estudos por Alemaña, onde coñeceu ao retratista de Lugano Francesco Carlo Rusca.[2] Haussmann tamén coñeceu ao pintor da corte de Dresde, Adam Manyoki, que escribiu favorablemente sobre el.[1]

Dende 1720 Haussmann foi o retratista oficial da cidade de Leipzig, mais deixou a cidade en 1722, probablemente a causa de diferenzas co Malerinnung (xefe dos pintores) de Leipzig. Haussman tivo disputas co gremio de pintores en 1729 e 1742, pois facía traballos dos cidadáns a pesar dos acordos co gremio (1729).[1] Pensase que estas disputas foron tamén un dos motivos que motivaron a revogación da recomendación de Manyoki.[1]

En 1723, Haussmann foi nomeado pintor da corte para o Elector de Saxonia, Augusto II, o Forte. En 1725 regresou a Leipzig, e en 1726 asumiu a clientela do seu predecesor, comezando por un retrato de JH Linke. En 1760, el e a súa escola foron substituídos por Gottlob Ernst e Anton Graff.[1] Haussmann foi tamén, durante moito tempo, pintor do clero protestante.[1]

Obras de Haussmann[editar | editar a fonte]

O museo histórico da cidade de Leipzig, onde se encontra o retrato de Bach, tamén posúe varias pinturas máis ao óleo de Haussmann, así como unha serie de gravados en cobre. A maioría das pinturas de Haussmann poden ser facilmente atribuídas a el, pois as asinou regularmente, no verso, con nome e data. [1]

Os primeiros retratos de Haussmann, como o do Emperador Gottfried, presentan unha coidadosa técnica, un elevado nivel de detalle e expresións emocionais realistas. Máis tarde, por outra banda, moitos retratos posúen características típicas de imaxes en serie, especialmente nos anos posteriores a 1760, estes mostran o mesmo nivel e moitas veces representan a mesma actitude, hai roupas idénticas e nas mesmas cores, dentro dunh serie de retratos de funcionarios da corte.[3]

As pinturas ao óleo de Haussmann e o gran número de copias[1] mostran unha sección transversal da capa principal da burguesía de Leipzig a partir dos campos da política, da administración xudicial, da igrexa, das empresas (especialmente o comercio e a artesanía), da ciencia e da arte. Entre os exemplos se inclúen:[3]

Retrato de Johann Sebastian Bach[editar | editar a fonte]

Retrato de Johann Sebastian Bach de 1746 (a copia da imaxe é de 1748.

O original foi pintado en 1746 foi danificado ao longo do tempo por restauros mal executados, e que se encontra desde 1913 no Museo da Historia de Leipzig. En 1748, Haussmann fixo unha copia. Logo da morte de Bach, en 1750, o retrato foi herdado polo seu fillo Carl Philipp Emanuel Bach. A principios do século XIX pasou á posesión dos Jenke de Breslau, hoxe Wrocklaw (Polonia), unha familia xudía que se mudaría na década de 1930 a Inglaterra, escapando do terror nazi. Temendo pola seguridade da súa colección durante a segunda guerra mundial, Walter Jenke entregou o cadro aos Gardiner, que o mantiveron protexido nunha propiedade rural en Dorset. En 1952 foi comprado nunha poxa por William Scheide, un filántropo americano, membro do equipo directivo da Fundación Arquivo de Bach de Leipzig. Logo da súa morte en 2014 aos 100 anos de idade e por vontade testamentaria, a obra foi exposta no Museo Bach de Leipzig.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Müller, Georg (de 1907 a 1947). "Elias Gottlob Haussmann". En Thieme and Karl Ulrich Becker. General lexicon of visual artists from antiquity to the present (en inglés) 16. Leipzig. pp. 145–146. 
  2. Art of Bach, paintings and drawings from collections East Germany. Leipzig. 1985. 
  3. 3,0 3,1 Kassel; et al. (1979). Werner Neumann, ed. Image documents on the life history of Johann Sebastian Bach's. Supplement to Johann Sebastian Bach, New Edition all works IV. 
  4. Público, ed. (30 de abril de 2015). "Retrato de Bach devolvido a Leipzig 265 anos depois" (en portugués). Consultado o 13 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gurlitt, Cornelius. Descriptive representation of the earlier works of art and monuments of the Kingdom of Saxony. 
  • Sigismund, Ernst (1929). The painter of portraits E. Bach G. Haussmann, a Gedenkblatt. Illustrated magazine for Culture, Science and Transportation (Leipzig). 
  • The portrait painter Elias Gottlob Haussmann and his time: the Bach - portraits. Magazine for art 4. 1950. pp. 126–135. 
  • Thieme, Ulrich; Felix Becker (1907 to 1947). General lexicon of visual artists from antiquity to the present 1–36. Leipzig. 
  • Wustmann, Gustav (1907). "The Leipziger Kupferstich in 16th, 17th And 18 Century". New Year's leaves the library and the archives of the city of Leipzig III. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]