Eleni de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eleni de Etiopía
Nacementoséculo XVxuliano
 Hadiya Kingdom
Falecemento1522
 Etiopía
NacionalidadeImperio de Etiopía
Ocupaciónpolítica
CónxuxeZara Yaqob
editar datos en Wikidata ]

Eleni (ou Helena) de Etiopía, morta en abril de 1522, foi a muller do emperador Zara Yaqob Etiopía. Despeñou un papel significativo no goberno de Etiopía durante a súa vida, actuando como rexente ou asesora dalgúns emperadores; un testemuño disto é o manuscrito Bruce 88 que expón que estivera no pazo de tres ilustres emperadores: Zara Yaqob; o seu fillo doutra muller, Baeda Maryam I, e Na'od.[1]

Filla do rei de Hadiya, converteuse ao cristianismo cando casou con Zara Yaqob. Malia que o historiador portugués Baltazar Téllez escribiu que non tivo fillos, nalgúns manuscritos de O preste Xoán das Indias de Francisco Álvares, un parente varón de Lebna Dengel que fuxiu de Amba Geshen é mencionado como o seu fillo, segundo o tradutor, mais non o texto orixinal[2]

Coa súa propia nai Tsion Mogasa morta, o emperador Baeda Maryam deu a Eleni o título de Raíña Nai. Probou ser un membro eficaz da familia real; Paul B. Henze comenta que "foi practicamente co-monarca" durante o reinado daquel.[3] Cando Eskender sucedeu o seu pai o emperador Baeda Maryam I, ao principio a emperatriz Eleni foi expulsada do poder polo Bitwoded Amda Mikael. Con todo, arredor de 1486 participou dun golpe de estado que levou á deposicón e execución do Bitwoded, e a raíña Eleni despois desempeñou un papel importante no goberno do emperador, a cal continuou no reinado do emperador Na'od.

Abuna Marqos contou a Álvares que cando morreu o emperador Na'od en combate "el e a raíña Eleni fixeron rei [Lebna Dengel], porque tiñan todos os grandes homes nas súas mans". Isto demostra o poder que tiña Eleni.[4] Así mesmo Eleni, entendendo a ameaza crecente que Etiopía afrontaba desde a crecente influencia otomá na rexión, co consello de Pero da Covilhã, enviou Mateus (tamén coñecido como Mateo o armenio) como embaixador ao rei de Portugal e oa papa, un feito que os portugueses só entenderon despois de chegaren a Etiopía, e que complicou a misión de Rodrigo da Lima ao emperador etíope.[5] Eleni serviu como a rexente principal pola minoría de idade de Lebna Dengel, xunto coa nai deste, a emperatriz viúva Na'od Mogassa, e Ras Degelhan de Gojjam, o parente varón maior do emperador.

Álvares tamén observa que Eleni posuía extensas propiedades na provincia de Gojjam.[6] Outros dicían que "era consumada en todo: diante de Deus por practicar rectitude e ter unha forte fe, por pregar e recibir a comuñón; en termos mundanos, era consumada en preparar comida [para a mesa real], en coñecer libros, en coñecer a lei, e en entender os asuntos de estado. Por estas calidades, o rei amaba moito a nosa raíña Eleni. Considerábaa como a súa propia nai'.[7]

A data da morte de Eleni é enteiramente segura; Henze expón que morreu de idade avanzada, na década de 1520, mais Beckingham e Huntingford sosteñen que a evidencia no relato de Álvares proporciona bastante información para datar a súa morte en abril de 1522.[8][9] A pesar da incerteza, Álvares aclara que morreu mentres el estaba en Etiopía, engadindo que a súa morte foi causa de gran pena para os seus súbditos:

Había un gran rumor e charla na corte sobre a morte da raíña Eleni. Dicían que xa que morrera todos eles morreran, grandes e pequenos, e que mentres vivira, todos viviran e foran defendidos e protexidos; e que ela era o pai e a nai de todos.[10]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Beckingham and Huntingford, translators, The Prester John of the Indies by Francisco Alvarez (Cambridge: Hakluyt Society, 1961), p. 14 n.3
  2. Francisco Alvarez, Prester John, p. 245
  3. Paul B. Henze, Layers of Time, A History of Ethiopia (New York: Palgrave, 2000), p. 75
  4. Alvarez, Prester John, p. 243
  5. Beckingham and Huntingford, translators, Prester John, p.307; paraphrasing the account of Gaspar Correa.
  6. Alvarez, Prester John, pp. 425, 458.
  7. Jules Perruchon 1893, Les chroniques de Zar’a Yâ‘eqôb et de Ba’eda Mâryâm.
  8. Henze, Layers, p. 86 n.8
  9. Beckingham and Huntingford discuss the evidence on p. 425 n.1 of their translation.
  10. Alvarez, Prester John, p. 434.