Elena Suárez Sarmiento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elena Suárez Sarmiento
Nacemento1965
Lugar de nacementoLeón
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

María Elena Suárez Sarmiento, nada en León o 30 de outubro de 1965, é unha política galega do PPdG, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi secretaria de Novas Xeracións de Galicia e concelleira de Traballo, Benestar, Igualdade e Deportes de Vilagarcía de Arousa de 2011 a 2015. Foi candidata ao Congreso dos Deputados de número tres na papeleta do PP da Circunscrición de Pontevedra nas Eleccións xerais de abril de 2019 e de número catro na de novembro do mesmo ano. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 10 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral de Pontevedra,[1] obtendo acta de deputada autonómica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]