Elena Novikova-Belova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Novikova-Belova
Elena Belova c1974.jpg
Nacemento28 de xullo de 1947
Lugar de nacementoSovetskaya Gavan
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterMaxim Tank Belarusian State Pedagogical University
Ocupaciónesgrimista
CónxuxeVyacheslav Belov
PremiosOrde da Insignia de Honra, Orde da Amizade dos Pobos, Medalha Pierre de Coubertin, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, The Honored Coach of Belarus, sen etiquetar, Order of Fatherland 3rd Class e Orde da Insignia de Honra
Na rede
Olympic.org: yelena-novikova Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Elena Novikova-Belova (en ruso: Елена Новикова-Белова), nada en Sovetskaya Gavan, (Rusia) o 28 de xullo de 1947, é profesora e ex tiradora de esgrima rusa, gañadora de seis medallas olímpicas coa Unión Soviética, catro delas de ouro.

Ademais foi profesora do departamento de pedagoxía da Universidade Estatal de Cultura Física de Belarús.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente en Minsk, formou parte do Dinamo de Minsk e participou aos 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados en México, gañando unha medalla de ouro na proba de florete individual e outra na proba por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic revalidou a medalla de ouro por equipos, quedando quinta na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal gañou a súa terceira medalla de ouro por equipos e unha de bronce na competición individual. Desde 1979 é profesora universitaria en Minsk. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou unha medalla de prata na proba por equipos ao perder ante o equipo francés, e foi novena na proba individual.

Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro.

O 17 de maio de 2007 o Comité Olímpico Internacional concedeulle a Medalla Pierre de Coubertin [2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]