Elena Ferro
Elena Ferro | |
---|---|
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Merza |
Nacionalidade | España |
Ocupación | artesán |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza, Vila de Cruces, en 1975, é unha zoqueira galega cun papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Herdou o oficio do seu avó, da súa tía, do seu pai que eran zoqueiros. Na década dos 70 do século XX comezaron a deixar de usarse os zocos e a ir desaparecendo o oficio. A súa familia foi cambiando de vender só na comarca do Deza e mensualmente en Monterroso a ir desprazándose a outras feiras e ampliar os produtos que vendían incorporando a manufactura do coiro.[1]
Nos anos 90 Elena Ferro comezou a facer cambios nos zocos sen éxito comercial até 2010.[1] Cambiou a base de madeira para adaptalos a pisar en duro, patentándoa, e mudou o deseño[2] vendendo os seus produtos ademais de en Galiza no País Vasco, Barcelona, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia[2] apoiándose nas redes sociais.[3]
Participou no Lgx15 organizado pola CTNL en 2016[4] e nas xornadas de onomástica da Real Academia Galega de 2020.[5] Tamén no 2020 a revista Luzes cedeulle o espazo Retrovisor (do seu número 85).
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas en 2010, Deputación da Coruña
- Premio Nacional de Artesanía 2019[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Obelleiro, M. "“A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo”". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05.
- ↑ 2,0 2,1 García, Rocío (2015-09-14). "Los rompedores zuecos de Elena Ferro llevan un siglo de historia en sus suelas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-05.
- ↑ "Elena Ferro: Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-01-05.
- ↑ "Edición 2016 LGx15". Consultado o 2021-01-05.
- ↑ "A quinta Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes comerciais". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-05.
- ↑ "Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05.