Elena Estévez Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaElena Estévez Freire
Biografía
Nacemento20 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Bueu
19 de xullo de 2004 – 2007
← Félix Juncal NovasFélix Juncal Novas → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Elena Estévez Freire, nada en Bueu o 20 de abril de 1970, é unha política galega do PPdG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito, entrou a formar parte da corporación municipal de Bueu no ano 1999, tras unhas eleccións que lle deron unha maioría absoluta ao PPdG, sendo elixido alcalde Tomás Barreiro Sotelo. No período 1999-2003, Estévez ocupou responsabilidades en Educación e Persoal.

Nas eleccións municipais do ano 2003 os populares perderon a maioría absoluta, obtendo 7 dos 17 concelleiros. Félix Juncal (BNG), quen lograra 6 actas nas eleccións, foi elixido alcalde co apoio de IBueu e PSdG-PSOE. Dirixiu un goberno en minoría integrado polos concelleiros do Bloque e de Independentes.

A renuncia do candidato do Partido Popular, Santiago Barros, deixou a Estévez, que ocupaba o segundo posto nas listas, como portavoz do partido. O 19 de xullo de 2004, despois dunhas tensas relacións entre os socios de goberno, foi aprobada unha moción de censura que apartou a Juncal do mando municipal. Nomeada alcaldesa, Elena Estévez desempeñou o cargo cun goberno en minoría até o 2007, ano en que se retirou da política activa.

En novembro de 2018, foi elixida polo partido como candidata ás eleccións municipais de maio do 2019, regresando así á vida política. Nos comicios, o PPdG subiu de 1196 votos a 1957, pasando de 3 a 6 actas. Após estes resultados, Estévez obtivo acta de concelleira en Bueu (exercendo de líder da oposición), así como de deputada na Deputación de Pontevedra.

En novembro de 2022 confirmouse a súa candidatura á alcaldía do concello de Bueu ás eleccións municipais de maio de 2023[1].

Predecesor:
Félix Juncal
 
Alcaldesa de Bueu
 
2004-2007
Sucesor:
Félix Juncal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. xornaldebueu (2022-11-13). ""É moi evidente o descontento da cidadanía co goberno e con Félix Juncal"". Xornal de Bueu. Consultado o 2023-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]