Elena Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Estévez
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoGalicia
Falecementomarzo de 1933
Lugar de falecementoTeis
PaiJulián Estévez
editar datos en Wikidata ]

Elena Estévez Mignot, finada en Teis en marzo de 1933[1], foi unha propagandista agraria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Julián Estévez, cada 1 de maio saía por Vigo cunha bandeira republicana ata o Paseo de Afonso XII e nunha ocasión fixo abrir as portas dunha fábrica de conservas situada na rúa de Sanjurjo Badía para que saísen á rúa as obreiras, obrigadas a traballar ese día. Cando o seu pai se converteu en presidente do Directorio Antiforista de Teis, Elena vinculouse á campaña antiforal realizada polo Directorio. Dende 1909 foi constante a súa participación nos mitins e reunións antiforistas xunto con Carmen Álvarez. Insistía os seus discursos á muller galega para convencela da necesidade de incorporarse a unha loita na que se libraba a vida de Galicia e a emigración dos seus fillos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ricardo Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega, 10-3-1933, p. 43.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]