Elefante de Sumatra
| Elefante de Sumatra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Elephas maximus sumatranus Coenraad Jacob Temminck 1847 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||
|
Taxon superior
| |||||||
| Conservación | |||||||
|
Identificador UICN
| |||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||
| Reino | Animalia | ||||||
| Filo | Chordata | ||||||
| Clase | Mammalia | ||||||
| Orde | Proboscidea | ||||||
| Familia | Elephantidae | ||||||
| Xénero | Elephas | ||||||
| Especie | Elephas maximus | ||||||
| Subespecie | E. m. sumatranus | ||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O elefante de Sumatra (Elephas maximus sumatranus) é unha das tres subespecies recoñecidas de elefante asiático, e é nativo da illa de Sumatra, en Indonesia.
No 2011, o elefante de Sumatra foi clasificado como en perigo crítico pola IUCN xa que a súa poboación descendeu polo menos un 80 % durante as tres últimas xeracións. A subespecie está ameazada principalmente pola perda, degradación e fragmentación do seu hábitat; arredor dun 69 % do seu hábitat desapareceu nos últimos 25 anos. As áreas boscosas que restan son reducidos bloques que non abarcan sequera 250 km², polo que resultan demasiado pequenas para conter poboacións viables de elefantes. Dende 1985 ata 2012 reduciuse á metade o número de individuos desta subespecie, polo que se cre que para o 2040 estará totalmente extinguida.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El elefante de Sumatra está a un paso de la extinción". www.publico.es. Consultado o 2020-05-09.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
